Site icon Crónica3.com A Mariña

O pago de facturas na Deputación sen o visto bon de Intervención son excusas de mal pagador, asegura o PP

NOTA DE PRENSA
O GPPP di que só a vagancia que impera no Goberno da Deputación explica que se paguen facturas coa disconformidade de Intervención

* Os populares califican de excusas de mal pagador achacar esta situación ó equipo anterior

* Lembran que o 70 por cento dos importe das facturas abonadas corresponden a 2009 e que o 39 por cento das do 2008 son por publicidade e espectáculos

Lugo, a 2 de setembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular achaca única e exclusivamente á vagancia que impera no equipo de goberno que lidera José Ramón Gómez Besteiro o pago de facturas sen o visto bon do servicio de Intervención e califican de excusas de mal pagador tentar responsabilizar desa situación ó equipo anterior cando levan máis de dous anos gobernando.

Puntualizan ademais que o 70 por cento dos preto de 1,8 millóns de euros en facturas abonadas con disconformidade de Intervención corresponden ós oito meses transcurridos do presente exercicio, é dicir, son gastos xerados na súa propia etapa de goberno. Salientan asimesmo que o 39 por cento dos máis de 551.000 abonados no ano 2008 (217.000 euros) corresponden a gastos de publicidade e espectáculos, que tampouco viñan da etapa anterior.

Suliñan os populares que ningunha das facturas ás que se fai referencia están relacionados con obras realizadas nas estradas provinciais consignadas no plan de conservación e que cando socialistas e nacionalistas tomaron as rendas da administración provincial os contratos para a dotación de servicios nos hospitais provinciais, por exemplo, estaban vixentes e que, polo tanto, foi o actual goberno provincial o que os deixou extinguir. Nin os renovou nin promoveu unha nova contratación pese a que tiveron tempo de sobra para facelo. Incluso, segundo engaden, nalgunhas destas facturas personal de servicios da Deputación fan constar a inexistencia dese tipo de contratos.

Para os populares que a estas alturas o Goberno provincial tente zafarse da súa responsabilidade na deficiente xestión que está a realizar ó fronte da Deputación dicindo que todo é culpa dos seus antecesores está fora de lugar. É incuestionable, segundo recalcan dende o GPPP, que pagáronse facturas que supoñen o un por cento do orzamento da institución sen a conformidade de Intervención.

Os populares agardan que dende o equipo de goberno provincial non pretendan responsabilizar tamén os seus predecesores do retraso no pago das subvencións correspondentes ó 2008. Unha demora que, nalgúns casos e ante a insistencia dos colectivos afectados, tentan parchear adiantanto unha parte do cartos concedidos.

Exit mobile version