NOTA DE PRENSA
Os populares consideran que PSOE e BNG enganan ós veciños.
González Barcia di que o alcalde non chamou á Consellería.
O portavoz popular afirma que o bipartito non fixo nada polo Hospital.
O GMPP de Burela considera que tanto o PSOE coma o BNG están engañando masivamente á poboación cunha pretendida supresión de servicios no Hospital, supresión que só está nas súas cabezas. Segundo o portavoz dos populares José María González Barcia, o partido que mellor defendeu e defende os intereses da Mariña é o PP, porque a ampliación do hospital fíxose co PP, e as especialidades que se incorporaron tamén se incorporaron co PP. Pola contra, nin PSOE nin BNG poden presumir de nada, porque só presupostaron noventa mil euros para o plan funcional do Hospital, negáronse a colocar unha resonancia magnética estable, e nin tan siquera foron capaces a arreglar a rampa do propio edifício.Tanto é así, que as obras de xinecoloxía que tanto anunciaron houbo que paralas porque eran un auténtico desastre. Desde logo, nin uns nin outros nos van dar leccións de defender a Burela, e menos o alcalde e Nieves Cando, esta última auténtica profesional da pancarta e do panfleto.
Noque se refire ó comportamento do alcalde e do bigoberno burelés, González Barcia indicou que a moción presentada polo bigoberno foi presentada sen pasar pola comisión informativa correspondente, de tapadillo, para facer unicamente política en vez de defender realmente os intereses dos veciños. Pero o que é peor é que se o da área sanitaria, segundo o alcalde, tén importancia, desde logo para el non, porque en ningún momento se puxo en contacto coa Consellería para solicitar explicacións. Tan vago é, que nin siquera chamou por teféfono á Consellería ou mesmo á dirección do Hospital, o que tamén quere decir que non hai ningún problema real, poque se o hai, por qué non chamou??? E Nieves Cando, tampouco. Ese é o interese que os move: montar jaleo.
No que se refire ó Bloque, González Barcia considera que o mesmo Bloque se delata porque nos seus escritos usa frases condicionales, do tipo “é probable que…”, “puidera ser que…”, que en definitiva demostran a desesperación política de quenes se están convertindo nun partido residual, xa que non teñen nada que ofrece nin nada en firme ó que asirse. Eso si, o Bloque no seu programa electoral levaba como obxectivo a Area Sanitaria Única, algo que agora tentan ocultar e mesmo negar, e tanto Bloque coma PSOE esconden que foron eles, cos votos en contra do PP, os que aprobaron a Lei de Sanidade en vigor en Xullo de 2008.
Finalmente, o PP alégrase de que o Pleno do Concello de Burela aprobara por unanimidade a enmenda presentada polo propio PP, que di textualmente “O Pleno da Corporación de Burela defende (palabra incluida polo bigoberno) que se manteña a actual área sanitaria do norte lucense, ampliando as competencias que tén na actualidade, así como o catálogo de servicios que se ofrecen no Hospital da Costa, integrando tamén dun xeito coordinado os distintos centros de saúde de atención primaria”. Polo tanto, a postura do PP burelés está clara.