Site icon Crónica3.com A Mariña

Fegamp e conselleira de Sanidade viron medidas para previr a gripe A, explicou o alcalde de Burela

BURELA (FNC) .-  O alcalde de Burela, Alfredo Llano, explicou que, na reunión que mantivo hoxe como membro do Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias coa conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, o que fixeron foi plantexar unha serie de medidas co fin de prever as consecuencias da gripe A.
O rexedor burelés explicou que “o que fixemos aquí na FEGAMP, os membros do Consello Federal máis outros invitados que houbo, foi atender ás indicacións da Consellería de Sanidade, a través da propia conselleira e da directora xeral, e do que se trata básicamente, é de facer unha coordinación de cara a tomar as medidas, que se consideren oportunas, a través dos Concellos, da Consellería, a través de tódalas agrupacións, etc, etc, sobre a pandemia da gripe A, que se considera que vai ter o seu pico maiúsculo no mes de decembro ou antes deste mes incluso”.
Alfredo Llano sinalou que “do que se tratou, polo tanto, foi de informar das medidas que se van ter en conta, as que imos facer nos Concellos e os apoios que imos ter tamén da Consellería. Aínda que hai que perfecciónalo máis, porque agora temos información, pero máis adiante haberá que tomar as medidas pertinentes destinadas á concreción e a facer determinados programas. Polo tanto, estaremos en contacto e levaremos información para dar ós nosos veciños co fin de que con isto se cumplan, dalgún xeito, as previsións de cara a esta pandemia”.
Regulación do botellón
Llano engadiu que “por outro lado, teño que dicir tamén, que se falou do que é a regulamentación, a regulación do botellón, das medidas que se van tomar de cara ó futuro, e en principio, foi unha cuestión inicial. Intentarase, dalgún xeito, involucrar a todo o mundo, ós Concellos, ós pais, ós colexios e a aquela xente que esté altamente implicada na mellora de que non exista tanto efecto maligno derivado do botellón. Hai que tratar de regulalo e niso imos estar dentro de pouco tempo dunha maneira coordinada”.

Exit mobile version