Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá celebra a próxima fin de semana a XIX Festa da Faba, de interese turístico galego

LOURENZÁ .- O escritor Ramón Pernas pregoa o sábado en Lourenzá a decimo novena Festa da Faba que inaugura o mesmo día, a unha e media da tarde, o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Nuñez. Multitude de actos e actividades están programadas para a fin de semana en Lourenzá, incluida a actuación das Cantareiras de Ardebullo.

Notade Prensa

PRESENTACIÓN XIX FESTA DA FABA
FESTA DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO
Lourenzá, 3 e 4 de outubro de 2009

SÁBADO 3
11,30 h.     Apertura Feira Exposición
Lugar: Claustro Mosteiro San Salvador
Apertura de Casetas Fabeiros
Lugar: Cantón
Apertura Exposicións
Exposición “Máquinas de Escribir Antigas” do coleccionista José Manuel Acevedo – Coaña (Asturias)
Lugar: Sala de Exposicións da Casa da Cultura
Exposición do “XIII Concurso Fotográfico Festa da Faba”
Lugar: Claustro Mosteiro San Salvador
Apertura Centro de Interpretación da Faba
Pasarúas a cargo de CHARANGA MANCA NA CHEDA
OBRADOIRO DE BARRO (dirixido a público infantil e adulto)
13,00 h.    Actuación  a cargo de un grupo musical
Lugar: Kiosko da Música no Cantón
13,30 h    ACTO DE INAUGURACIÓN OFICIAL da XIX FESTA DA FABA a cargo do Presidente da Xunta de Galicia, Excmo. Sr. D. Alberto Núñez Feijóo
Percorrido polas casetas fabeiros
Lugar: Cantón
13,30 h.    DEGUSTACIÓN DA FABA DE LOURENZÁ
En carpa e con viño denominación de orixe “Ribeira Sacra” de ADEGAS VALCAR
Lugar: Praza do Conde Santo
13,45 h.    PREGÓN.A cargo de D. RAMÓN PERNAS LÓPEZ (escritor e xornalista)
Lugar: Claustro Do Mosteiroo San Salvador
14,15 h.     Xantar da 3ª Edad
17,30         OBRADOIRO DE BARRO (dirixido a público infantil e adulto)
18,30 h.    Actuación da ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA
Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador
19,30 h.    Entrega de premios do “XIII Concurso Fotográfico Festa da Faba” e “Concurso Literario Escolar”
Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador
20,30 h.    Peche da Feira Exposición
22,30 h.     Festa verbena a cargo da orquestra PHILADELPHIA (San Marcial)
Lugar: Cantón

DOMINGO 4
08,00 h.     Apertura Mercado Fabas – venda ao por maior
Lugar: Recinto Mercado Comarcal
10,00 h.    Apertura de Casetas Fabeiros (Cantón)
11,00 h.     Apertura
–    Feira Exposición
Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador
–    Exposición “Máquinas de Escribir Antigas”
Lugar: Sala de Exposicións Casa da Cultura
–    Centro de Interpretación da Faba
Pasarúas a cargo de CHARANGA GARRAFÓN
12,00 h.     OBRADOIRO DE BARRO (dirixido a público infantil e adulto)
12,30 h.    Actuación da ESCOLA DE MÚSICA OSORIO GUTIÉRREZ
Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador
13,00 h.    COMIDA POPULAR – MENÚS con FABA DE LOURENZÁ
En carpa e con viño denominación de orixe “Ribeira Sacra” de ADEGAS VALCAR
Lugar: Praza do Conde Santo
13,30 h.    Sesión vermut a cargo da orquestra PANAMÁ (San Marcial)
Lugar: Praza do Conde Santo
15,30 h.    Fiesta Infantil con Inchables
(Castelo Encantado, Tobogán Escalada e Futbolín Humano).
Lugar: Praza do Conde Santo (en caso de choiva trasladarse ao pavillón)
17,00 h.    OBRADOIRO DE BARRO (dirixido a público infantil e adulto)
18,00 h.    Actuación de BURELA BLUES BAND
Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador
19,00 h.    Entrega de premios do “Concurso Tapas con Fabas”
Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador
19,30h.        Peche da XIX Festa da Faba
20,00 h.     Festa verbena a cargo da orquestra PANAMÁ (San Marcial)
Lugar: Cantón
21,00 h.    Actuación de CANTAREIRAS DE ARDEBULLO
Lugar: Cantón
22,00 h.    Festa verbena a cargo da orquestra PANAMÁ (San Marcial)
Lugar: Cantón

Os establecimientos hosteleiros de Lourenzá ofrecerán tapas con fabas dende o xoves día 1 ata o domingo día 4.

O PREGOEIRO
D. Ramón Pernas (novelista, xornalista e crítico literario)

Nado en Viveiro, Lugo en 1952. É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense, onde tamén estudiou Socioloxía.
Xornalista, editor e guionista, a súa actividade laboral sempre xirou en torno á cultura. Colaborou como crítico literario e articulista en publicacións como Tiempo e Interviú, e como columnista de Cuadernos del Norte e na axencia OTR. Foi subdirector de Nueva Empresa e director de Actual e traballou como guionista en TVE (Si yo fuera presidente) e colaborador en diversos programas de televisión. Durante oito anos foi director editorial de Espasa Calpe. En 1999 obtivo o Premio Ateneo de Sevilla con Paso a dos, co que tamén resultou Finalista do Premio Nacional de Literatura. Actualmente dirixe Ámbito Cultural de El Corte Inglés en Madrid e colabora como columnista en La Voz de Galicia.
Publicou as novelas: Si tú me dices ven (1996), El pabellón azul (1998), Paso a dos (1999, Premio Ateneo de Sevilla), Brumario (2000), Libro de actas (2003) e Del viento y la memoria (2006). O seu último libro publicado, Poesía (in)completa (2008), reúne nun só volumen a práctica totalidade da súa obra poética.
También publicou numerosos contos en volumes colectivos e escribiu con José Mario Armero Cien años de circo en España, volume antolóxico que recolle unha das súas máis grandes paixóns, o circo. Tamén é autor do libro Galicia en blanco y negro.
Pernas é presidente do Clube de Xornalistas Gallegos en Madrid e é Académico de número da Real e Pontificia Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo.
Asegura escribir por necesidade. “Escribo por necesidade vital, son o que escribo porque antes sabía que era o que leía. Por eso me fixen xornalista e sociólogo, por eso constrúo frases dende que aprendín a leer. Tamén participouen publicacións colectivas e gañou o premio Puro de Cora de Xornalismo. Dice: “Amo todo o que voa e non me agrada o que repta”. Defínese como “viaxeiro frecuente e pertinaz e galego exerciente e militante, a tempo completo”.

CARTEL XIX EDICIÓN: HOMENAXE Á LITERATURA

Co obxectivo de facer realidade un ano máis o eslogan que identifica a Festa da Faba: “Cando a Natureza é Arte”, a través do cal e dende o ano 2001 o Concello de Lourenzá elixe unha arte como protagonista cultural do evento, nesta edición, será a LITERATURA  a arte que exercerá de referencia artística e cultural da XIX Festa da Faba.

DEGUSTACIÓN FABA DE LOURENZÁ

Tentando aumentar cada ano a oferta gastronómica arredor da Faba de Lourenzá para acoller a demanda dos visitantes, a Organización decide dar continuidade ao cambio na filosofía de degustación da edición anterior na que se realizará unha DEGUSTACIÓN na xornada do sábado e un XANTAR POPULAR  con menú na xornada do domingo.

Ademáis continuaremos coa colaboración con ACEGA (Asociación de Celiacos de Galicia) co fin de que todos aquelas persoas que padezan este transtorno alimentario de intolerancia ao glute e se acerquen a degustar as fabas nas Degustacións Populares que se ofrecen poidan comer sen ningún tipo de problema.

SÁBADO 3 DE OUTUBRO: DEGUSTACIÓN POPULAR

Esta Degustación Popular de Fabas estará ubicada na Praza do Conde Santo  e comezará a partires das 13,30 h. Ofreceranse 2 especialidades diferentes de faba de Lourenzá tendo previsto repartir unhas 300 racións, entre as cuncas grandes e cuncas pequenas.

ESPECIALIDADES XIX FESTA DA FABA:
?    FABAS DE LOURENZÁ VERDINAS CON MARISCO
?    FABAS DE LOURENZÁ CON CARNES DO VAL

Para os visitantes celiacos ofreceráselles este menú acompañado de pan sin glute

DOMINGO 4: XANTAR POPULAR con MENÚ – DEGUSTACIÓN
Nesta xornada teremos un XANTAR POPULAR composto por un Menú – Degustación, ofrecéndolle aos visitantes a posibilidade de degustar a Faba de Lourenzá nun menú de calidade creado específicamente para esta degustación.
A carpa estará novamente ubicada na Praza do Conde Santo e terá lugar o domingo 4 de outubro a partires das 13:00 h. O menú está formado por:

– Pementos de piquillo recheos de fabas mariñadas con crema e triscantes de froitos secos e resaltes de perexil.
– Fabas con ameixas / Fabas con carnes do Val
-Tarta de bizcoito con crema de fabas en semifrío e resaltes de froitos silvestres.
MENÚ DEGUSTACIÓN CELIACOS
O menú constará do mesmo 1º e 2º prato. Como postre ofrecerase
– Arroz con leite e faba confitada.

Por terceiro ano consecutivo e intentando dar un maior impulso de calidade á propia degustación popular de fabas a organización porá á venda  Vino Tinto D.O. Ribeira Sacra da Adega “Valcar”, coa etiqueta conmemorativa deste 19º aniversario en Homenaxe á Literatura.

Paralelamente e en colaboración cos establecementos hosteleiros de Lourenzá  dende o xoves día 1 ata o domingo 4 de outubro ofrecerán unha degustación de tapas con fabas, sendo un xurado popular o encargado de valorar ditas tapas. A entrega de premios terá lugar nun acto público na tarde do domingo contando coa colaboración da Adega Valcar.

Ao longo das dúas xornadas a Pulpería Rochela (instalada no recinto feiral) ofrecerá entre os seus pratos Faba de Lourenzá.

RECOLLIDA DE TICKETS E PREZOS
No “stand” de venda de tickets -situado ó carón da degustación- poderanse recoller os “tickets” para as distintas degustacións establecéndose para esta edición os seguintes prezos:
XORNADA DO SÁBADO – DEGUSTACIÓN
?Cunca grande  5 €
?Cunca pequena 2 €
? Botella de Viño Tinto D.O. Ribeira Sacra 5 €

XORNADA DO DOMINGO – COMIDA POPULAR
?Menú: 10 €
?Menú Infantil: 7 €
?Botella de Viño Tinto D.O. Ribeira Sacra 5 €

EXPOSICIÓNS

Instalaranse dúas exposicións que representarán a arte da fotografía e por outra banda a arte da escritura a través dunha colección de máquinas de escribir antigas.

EXPOSICIÓN “MÁQUINAS DE ESCRIBIR ANTIGAS” a cargo do coleccionista José Manuel Acevedo Fernández (Coaña – Asturias)
Trátase dunha exposición, considerada como unha das mellores de España, con máis de 30 pezas de museo construidas entre finais do século XIX e mediados do século XX, das máis prestixiosas marcas (Remington, Oliver,…). Esta actividade enmarcase dentro do lema ao que vai dirixido este ano a festa gastronómica – a literatura – “por ser unha ferramenta de traballo que máis e mellor revolucionou o mundo da comunicación e a escritura”.

EXPOSICIÓN XIII CONCURSO FOTOGRÁFICO FESTA DA FABA
O prazo para presentación das obras rematou o pasado 18 de setembro presentándose 30 participantes cun total de 140 fotografías tanto en cor coma en b/n, Os premios faranse públicos no acto de entrega que terá lugar o sábado 3 de outubro ás 19,30 horas. OTM– Otero Transformación Maderera colabora no patrocinio desta actividade. Os Premios son:
–        Gañad@r Serie “Libre/Lourenzá” ………………………………………. 500 €
–        Gañad@r Serie Libre…………………………………………..200€
Lugar: Claustro do Mosteiro San Salvador

OUTRAS ACTIVIDADES

OBRADOIRO DE BARRO
Seguindo coa líña iniciada na pasada edición, dende o comité organizador quíxose implicar ao público infantil e adulto a través dun obradoiro de barro no que os participantes porán experimentar o traballo co barro no torno. Esta actividade levarase a cabo o Sábado día 3 e o Domingo día 4 en horario de mañá e tarde no claustro da feria-exposición.

FESTA INFANTIL
Na xornada do Domingo 4 de outubro (15,30 – 19,30 h.) estarán instalados unha serie de inchables (futbolín humano, tobogán escalada, casrtelo encantado) que farán as delicias dos pequenos. Lugar: Praza do Conde Santo (en caso de choiva trasladarase ao pavillón municipal)

ACTUACIÓNS MUSICAIS
Seguindo coa liña comezada en pasadas edicións na que tiveron lugar actuacións musicais de distinta índole, para esta edición non podíamos deixar de facer evidente o contar dentro do programa con espectáculos musicais que abrangueran distintos  estilos:

?Música jazz-pop a cargo de BURELA BLUES BAND (ver anexo).
?Música de rúa a cargo da CHARANGA MANCA NA CHEDA de Mondoñedo e CHARANGA GARRAFÓN de Chantada.
? Música de orquestra a cargo das orquestras PHILAPELPHIA e PANAMÁ
?Música tradicional, a cargo da ESCOLA DE MÚSICA E DANZA “OSORIO GUTIÉRREZ e da ECOLA DE GAITAS E ORTIGUEIRA (ver anexo)
?Actuación das CANTAREIRAS DE ARDEBULLO (ver anexo)

O MERCADO DE FABAS
Ao longo destes anos o Mercado de Venda ao por Maior en Lourenzá representa unha cita fundamental para productores e distribuidores na venda da faba. O volume de venda do mercado de Faba de Lourenzá  vai a rondar os 200.000 K/ano (debido en parte ás condicións meteorolóxicas que non foron de todo favorables dando como consecuencia unha merma na producción ademáis dunha recolecta tardía das fabas). O pasado domingo 20 de setembro deu comezo a campaña de venda ao por maior que se vai a prolongar ata mediados de xaneiro prevéndose uns prezos para esta tempada que oscilarán entre os 7 e os 8€/K. Os datos en canto a producción e extensión de terreo plantado son:

?    Producción de Faba de Lourenzá: 200.000 k/ano
?    Extensión de terreo prantado: 150 hectáreas (2.400 ferrados)

A última actualización feita polo Concello de Lourenzá e qur todavía segue aberta ata finais deste mes, sinala que hai 300 productores inscritos no Rexistro de Fabeiros, cun aumento de vinte productores máis que o ano pasado. Este rexistro creado no ano 2000 actualizase anualmente con productores procedentes de toda a comarca mariñana (A Mariña Ocidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental), representando así a “Faba de Lourenzá” unha das fontes máis importantes de desenvolvemento económico para a comarca.

FABEIROS e IXP

Pódese dicir que son os protagonistas por excelencia da Festa da Faba, e como tal resérvase un dos recintos para a súa ubicación. Nesta edición imos a contar con 9 fabeiros procedentes do Val de Lourenzá e Ribadeo, dos cales un deles produce faba ecolóxica. Todos eles exporán o seu producto nas casetas instaladas no Cantón. Os productores que participan son:
Fabas O Pontigo
Fabas Maruxa
Fabas Engracia
Fabas Ecolóxicas Maruxa Leitón
Fabas Toñito
Fabas Casa de Amado
Fabas Mª Carmen
Compre destacar que os fabeiros participantes nesta edición están inscritos como productores no rexistro da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá. Cabe decir que o propio regulamento da IXP non ampara a venda a granel polo que para poder vender a producción baixo a Indicación compre dispoñer do rexistro sanitario correspondente como envasadores. O envase tipo para a IXP é de 1 kg.

EXPOSITORES DA FESTA DA FABA

Ademais dos postos de fabeiros o evento conta cunha Feira – Exposición na que este ano participarán máis de 40 expositores, con representacións de toda Galicia e Asturias. Todos estes artesáns estarán arroupados nunha gran diversidade de sectores: artesanía en madeira,  cestería, coiro, alimentación, cerámica. A feira – exposición da XIX Festa da Faba está ubicada no Mosteiro de San Salvador e nunha carpa instalada no recinto feiral . Os horarios da exposición de Fabeiros e Artesáns serán os seguintes:
Data: Sábado, 3 de outubro de 2009
Horario: 11:30 – 14:30 h. e de 16:30 – 20:30 h.
Data: Domingo, 4 de outubro de 2009
Horario: 11:00 – 19:30 h.

AGRADECEMENTOS

?    Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio
?    Xacobeo
?    Deputación de Lugo a través da Vicepresidencia Primeira
?    Fundación Comarcal Mariña Central
?    Caixa Rural Galega    Obra Social Caixa Galicia
?    OTM (Otero Transformación Maderera)
?    ACEINFA

ANEXOS

BURELA BLUES BAND

Fundada por Roberto Bouça e Israel Arranz no ano 2005 co obxectivo de fomentar  o jazz e o seu ensino na mariña de Lugo. A formación foi recoñecida polo centro Estudio, de alto nivel de jazz de Santiago de Compostela, que envía cada ano a dous alumnos ó certame internacional de jazz. Na actualidade a agrupación musical está formada por 14 integrantes (mestres e alumn@s da Escola de Música Municipal de Burela). Os concertos non son máis que a posta en escea de todo o que se traballa a través da agrupación: harmonía moderna, improvisación, tocar en grupo, informática musical,….
Dende o comité organizador apostamos pola promoción dos xoves músicos mariñanos polo que a actuación desta xove agrupación servirá como divulgadora do traballo destes mozos aos asistentes á festa gastronómica.

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA “OSORIO GUTIÉRREZ”- LOURENZÁ
No ano 1985 crease a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez (toma o nome do fundador da Vila, Conde Santo) co fin de difundir e dinamizar a cultura galega en xeral, nas súas distintas manifestacións, estando vencellada dende esta época á dinamización da vida cultural do Concello de Lourenzá.

Nos seus comezos tivo en funcionamento una escola de música e danza tradicionais con máis de 80 mozos e mozas, chegando a formarse un grupo de gaitas e baile tradicional e tamén una escola de teatro que representaba as súas obras no propio concello e os arredores. Participou en varias actuacións que tiveron lugar en varias vilas de Galicia, Asturias, León e mesmo no país veciño Portugal.

Tras a sucesión de diferentes directivas, a primeiros do ano 2006 xurden dificultades para crear una nova directiva non habendo ninguén que se queira poñer ao frente da mesma polo que son un grupo de nais as que se fan cargo pedíndolle colaboración ao Concello, o cal se amosa moi interesado e proponse a creación dunha Escola Municipal de Música e Danza tradicionais.

Deste maneira é como comeza a súa nova andaina, pasando a denominarse esta renovada agrupación como “Escola Municipal de Música e Danza Osorio Gutiérrez”. Entre as súas actividades actuais incluense as seguintes: actuacións do grupo de gaitas, baile e pendereteiras, actividades docentes cos grupos infantís e xuvenís de gaita, percusión e baile tradicional, canto e pandeireta, organización da II Mostra Folklórica (celebrada o último fin de semana de agosto e no que participaron grupos procedentes de Avilés, Boiro e Portugal).

ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA
Ortigueira mantén dende antaño uns férreos lazos coa música. Froito desa afinidade, no ano 1975 naceu da man de Xabier Garrote a Escola de Gaitas de Ortigueira, o xerme do Festival Folclórico Internacional do Mundo Celta, que xurdiu en 1978 a imaxe e semellanza do encuentro en Lorient. A banda de gaitas decana de Galicia- creouse en 1975, sendo precursora do posterior movemento gaiteiril- presentáronse no Escenario Estrella Galicia con máis de cincuenta músicos, entre gaiteiros e percusionistas, e tamén co seu cadro de baile. Dirixida por Rodrigo López, a Escuela, unha auténtica institución en Ortigueira, mantén viva a reivindicación do papel da gaita galega na nosa cultura tradicional.

CANTAREIRAS DE ARDEBULLO
Nucha e Mucha saíron por primeira vez de Ardebullo, unha aldea tan pequena que nin sequera sae nos mapas, hai pouco máis dun ano, cando Gayoso as invitou para cantar os seus grandes éxitos en Luar. Desde entón, as cantareiras de Ardebullo arrasan non só na televisión, senón tamén nos bares e verbenas de toda Galicia. Detrás destas vellas irmás retranqueiras e dos seus hits desafinados e costumistas están dous actores e amigos de Culleredo, Xosé Antonio Touriñán e Marcos Pereiro, os novos reis do “humor hiperenxebre”, como lles gusta definir o seu traballo como dúo cómico.
Logo de moitas actuacións improvisadas en festas de cumpreanos e reunións con amigos, Xosé e Marcos convertéronse formalmente en Os Dous de Sempre. Foi o 17 de maio de 2002, no festival das Letras Galegas de Carral, nese “número” foi onde naceron as súas personaxes máis famosas, Nucha e Mucha, as cantareiras de Ardebullo que hoxe triunfan cada venres en Luar e nos escenarios de toda Galicia. O éxito daquel día fíxoos repetir até as máis de 200 actuacións que contan hoxe.
Marcos participou en series da TVG como Terras de Miranda e Xosé, noutras como Padre Casares ou A vida por diante. Tamén teñen traballado no Supermartes, En pé de festa e outros programas como Air Galicia, Perdelo Todo ou o radiofónico Tren do Serán, onde Touriñán interpreta a outro personaxe cada vez máis coñecido polo público galego, Ramón Regoufe.
Nucha e Mucha preséntanse como dúas irmás solteiras e afecionadas á música, veciñas dunha aldea remotísima, Ardebullo, onde viven coas súas once irmás, a súa nai (“á que todos chaman A Conexa”, din), o cura da parroquia e pouco máis de dez veciños. Todos eles —en especial o padre Nicanor, protagonista de moitas das composicións de Nucha e Mucha— son case ídolos para o cada vez máis nutrido grupo de fans das cantareiras, que xa contan con case mil seguidores en Facebook, a rede social máis famosa de internet. Nucha (interpretada por Marcos] é a máis vella das 13 irmás, e tamén a máis prudente e a máis lista”. O que comparten as dúas irmás, e todo o universo de Ardebullo, é ese humor retranqueiro, bruto e rural, “hiperenxebre”, como eles lle chaman e que estiran até o ridículo.  Eles reafirmanse cando toca falar dos que critican o seu traballo e os que os acusan de reproducir o pero mundo rual e dar una imaxe atrasada e vulgar dos galegos. Según eles trátase dunha parodia de nós mesmos, os galegos. Da mesma forma que son criticados, tamén teñen fans incondicionais que saben de memoria as súas peculiares cancións, una parte fundamental do seu éxito. Sobre o seu sistema de traballo aseguran que eles memos escriben todos os seus guións, que según eles, acaban sendo una pauta deixando fluir a improvisación.

Exit mobile version