Site icon Crónica3.com A Mariña

Lamenta o alcalde de Ribadeo que non se iniciaran antes as obras da rúa Deputación

RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, valora de xeito positivo a adxudicación das obras da rúa Deputación por parte da Sociedade de Xestión do Xacobeo. O rexedor aclara que “si ben estamos satisfeitos porque esto vai permitir que poidamos refacer toda a mazá na rúa Deputación xunto con estas obras que se iniciarán neste días no tramo restante da rúa San Francisco, debemos dicir que as plicas e as ofertas económicas xa estaban abertas cando se produciu o traspaso de poderes da consellería anterior á nova, deixando todo o verán ese asunto enriba da mesa. Co cal por un lado debemos estar satisfeitos de que por fin vaia para adiante, pero debemos facer como dicía o propio xefe territorial, José Carlos Rodríguez Andina, é ao césar o que é do césar, non”.

Suárez Barcia recalca que “o proxecto, a financiación e o compromiso data da anterior Consellería de Innovación e Industria, e agora estamos moi contentos de que o respecten e de que o executen definitivamente, pero insisto en que con certa demora porque as ofertas estaban abertas xa na época do traspaso de poderes entre o anterior goberno galego e o actual”.

Exit mobile version