Site icon Crónica3.com A Mariña

Informa o PP de axudas da Xunta para comedores escolares xestionados por Anpas

Nota de Prensa

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA AXUDAS A COMEDORES ESCOLARES XESTIONADOS POLAS ANPA´s

* O novo Goberno galego eleva un 10% o orzamento total desta axuda con respecto ao  previsto polo bipartito -que as mantivo conxeladas durante os últimos catro anos-

A Mariña, 30 de setembro de 2009.- Segundo explicou a deputada popular Emma Álvarez Chao no día de hoxe xa  é posible solicitar as axudas destinadas ao financiamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos (ANPA´s) de centros públicos non universitarios dependentes da Xunta de Galicia.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria incrementou este mesmo curso 2009/2010 as axudas destinadas a este fin. Deste xeito, a cuantía total das bolsaspasará a ser de 1.100.000 euros, un 10 por cento superior que os catro anos anteriores. As subvencións poderán sufragar ata 50% do custo do servizo de comedor do centro escolar correspondente. Ademais son perfectamente compatibles con outras axudas destinadas para este mesmo fin outorgadas por outras entidades ou institucións.

Con esta medida de apoio ao servizo esencial que constitúen os comedores escolares, a Consellería de Educación, rompe con catro anos de Goberno bipartito, nos que o importe das axudas se mantivo conxelado. Este aumento dá mostra ademais do compromiso da Xunta de Galicia e da Consellería de Educación co ensino público galego e coa cobertura das necesidades de toda a comunidade escolar, tendo previsto ademais aplicar un novo incremento no vindeiro curso.

O prazo de solicitude destas axudas é de un mes a contar desde hoxe. A orde de convocatoria destas bolsas pode consultarse no Diario Oficial de Galicia (DOGA) do día de onte, martes 29 de setembro de 2009.

Exit mobile version