Site icon Crónica3.com A Mariña

Grande afluencia de xente para ver o I Campionato de surf Km0 Xtreme da Deputación

RIBADEO.- Preto de cincocentas persoas achegáronse esta fin de semana á praia ribadense dos Castros para presenciar o I campionato de Surf Km0 Xtrem, impulsado pola Deputación de Lugo e organizado pola empresa HolaOla coa fin de difundir as Reservas da Biosfera da provincia. A proba coincidiu coa celebración da TERCEIRA PROBA DO CIRCUITO GALEGO DE SURF E LONGBOARD
OPEN 2009, POLO QUE TODOS O PÚBLICO PUIDO GOZAR DUN BO NIVEL.

Na Expresión Sesion o premio da Mellor onda foi para Santi Díaz; a Mellor Manobra para Brandan Araujo. No Surf Open Femenino, as gañadoras foron: Erika Franco, Siri Apple, Cristina Fornos e Guiomar Digon. No Longboard Open Masculino foron: Antonio Varela, Luis Rodríguez e no Surf Open Masculino: Pablo Romero, Jaji Iglesias, Santi Díaz e Rafa Dopico.

Os premios foron entregados polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Vicepresidenta 2ª -Lara Méndez-, e o Alcalde de Ribadeo -Fernando Suárez-.

EN TOTAL, AO REDOR DE 70 PARTICIPANTES COMPETIRON NAS MODALIDADES DE SURF MASCULINO E FEMININO E LONGBOARD. O CIRCUÍTO COMEZOU O SÁBADO A REDOR DAS 10:30 HORAS DA MA E REMATOU S 17:30 HORAS DO DOMINGO COA ENTREGA DE PREMIOS. CONSTOU DE 24 MANGAS: 15 PARA SURF MASCULINO, 4 PARA O FEMININO E 5 PARA LONGBOARD.

Antes da entrega de premios sorteáronse mochilas ecolóxicas, unha táboa de surf, e diverso material promocional do programa da Deputación.

Exit mobile version