NOTA DE PRENSA
González Barcia alégrase de que a moción para a reforma do Cuartel fora aprobada por unanimidade.
Afirma que o bigoberno está nervioso e con tensións internas.
O portavoz popular pídelle a Nieves Cando que se esforce exclusivamente no concello.
O portavoz do GMPP de Burela manifestou hoxe a súa satisfacción pola aprobación por unanimidade da moción para solicitar a reforma integral do Cuartel da Guardia Civil, moción presentada polos populares. José María González Barcia estima que o traballo feito polo PP sobre esta cuestión e o bon plantexamento da moción propiciou a aprobación unánime da moción.
Pero Barcia tamén manifestou a súa convicción do nerviosismo do bigoberno, e tamén as tensións internas que se viven dentro do mesmo. Barcia considera que tanto o alcalde, coma Nieves Cando, estiveron alterados, tal vez demasiado, criticando con moita velicosidade á Xunta con motivo da gratuidade dos libros de texto e buscando descaradamente a confrontación política. Tanto é así, que Nieves Cando largou dous discursos mui prolongados, e mesmo o alcalde, que acostuma a falar pouco, desta volta puxo á Xunta de “chupa domine”. Incluso Lucía Bouza se traía a súa intervención contra a Xunta mui ben aprendida, e eso que non dixo nin palabra no punto referido á modificación do presuposto, ainda que dixo que ela era a concelleira responsable. Tanto criticar á Xunta e non aportr nada demostra que o bigoberno burelés está agotado, por cansancio e por ausencia de proxectos para o futuro, porque a día de hoxe o bigoberno nin fixo balance destes dus anos, nin nos explicou que quere facer nos dous anos próximos.
González Barcia pídelle ó bigoberno que, alomenos, invirtan a metade dos esforzos que onte gastaron en arrearlle á Xunta en defender e traballar polo concello, cousa que non están a facer. Considera Barcia que o bigoberno non é quen de criticar á Xunta, porque o despilfarro no Concello de Burela por festas, propaganda, e outras cuestións é considerable e ronda os cen millóns das antigas pesetas. Ademais, Barcia lembra que precisamente Nieves Cando tén a honra de ser a primeira concelleira que deixa ás asociacións e colectivos sen subvencións, ainda que baixo corda está a pagar determinados servicios de autobuses, o que demostra a falsedade e manipulación desta muller, e o pasotismo do alcalde por consentirllo.
Barcia, desde unha perspectiva persoal, tamén lle pide ó bigoberno que non se preocupen por el. “Eu son un simple deputado provincial, que exerce de portavoz adxunto de noso grupo na Deputación, que faigo o meu traballo o mellor que poido, e todo o mundo sabe o que faigo. Por eso me sorpende que Nieves Cando me dea tanta importancia e adique unha nota de prensa practicamente a min solo: é probable que o que estamos facendo desde o PP vaia no camiño acertado, e por eso se pón a temblar, como fixo onte no pleno. O peor de todo é que ese esforzo en tempo e en cartos que gasta inutilmente contra min, porque seguirei actuando como estime oportuno e me indique o meu partido, non sexa dedicado ó concello: sería moito máis rentable”.
O portavoz do PP tamén indicou que pola vagancia da Xunta bipartita non se puido comenzar, ata o momento, a obra do campo de fútbol artificial de A Marosa; Barcia reiterou o compromiso da Xunta en facer esta obra, e asegurou que a vagancia da Xunta bipartita tamén se dá no bigoberno burelés.
Por último, González Barcia afirma que o bigoberno burelés, e especialmente Nieves Cando, nada teñen que decir en materia de vivenda, porque nada fixeron. Por eso, porque tiveron catro anos e nada fixeron, agora intenta lanzar sospeitas e dúbidas sobre a política de vivenda de Núñez Feijoo. O bigoberno non é quen de lanzar sospeitas sobre nada e sobre naide, porque eles ocultaron información ós veciños co asunto de Foxo, e tampouco contaron cos veciños das Casas Baratas para tentar arreglar as casas, polo que pensa o ladrón que todos son da súa condición. E ademais decir que queremos montar unha inmobiliaria, só nos pode producir dúas cousas: ou pena pola escasa capacidade de quen eso di, ou unha estrepitosa carcajada pola bufonada. O que sí produce é que nos reafirmamos no convencemento de que a preocupación deste bigoberno pola xuventude e polas familias con poucos recursos é só de boquilla, pero non se traduce en feitos, polo que hai que concluir que non son de fiar.