Site icon Crónica3.com A Mariña

A VII Feira de Productos da Horta achegou “moitísima xente” a Ribadeo, asegura o alcalde

RIBADEO (FNC) -. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, fai unha valoración positiva da VII Feira de Productos da Horta que se desenvolveu onte domingo na vila. O rexedor dixo que “foi un día magnífico, soleado, que permitiu achegar a Ribadeo a moitísima xente, a pesares de que xa non estamos na época estival, que veu a mercar, a ver, a probar e a degustar os produtos da nosa terra que trouxeron os expositores e produtores. Este foi o peche de campaña do mercado dos domingos que no verán ten carácter semanal e que a partires de agora se celebrará o segundo domingo de cada mes”.

Suárez Barcia lembrou que evento estivo organizado “por a asociación A Sucadoira, a Fundación Mariña Oriental, o Leader, o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo, a través do Inludes e da súa vicepresidenta Lara Méndez á que lle estamos moi agradecidos pola colaboración económica que éste ano non nos facilitou a Xunta de Galicia”. O alcalde destacou que “se repartiron 600 racións que foron degustadas por todos os asistentes. Eran racións elaboradas con produtos cedidos polos expositores, entre as que había fabas, tortilla, arroz vexetal… que fixeron as delicias de todos os que alí se achegaron”.

Pequeno incidente

O rexedor referíuse ao pequeno incidente “co que desde logo non quero tinguir a esplendorosa feira de produtos de horta de onte, o traballo desenvolvido pola asociación A Sucadoira. Produciuse un pequeno detalle dunha persoa que noutras edicións deste evento montou posto, que non é membro de A Sucadoira e que despois de que a organización decidirá que non podía acudir por non ser solidario, por adebedar algúns conceptos da edición do ano pasado. Todos os produtores dan unha parte dos seus produtos para facer as degustacións gratuítas, el non o fixo o ano pasado e a asociación A Sucadoira pedíalle que reintegrara o equivalente en diñeiro, a cantidade correspondente á achega dos produtos que os produtores cedan, pedíanlle que o aportara e senón era así non lle permitían montar e finalmente acabou sendo así”.

Fernando Suárez amosou a súa sorpresa “despois de terse presentado no mercado o concelleiro Ramón López, nunha actitude que eu podería cualificar de certamente presuntuosa e como si fose o xuiz nun pleito, pero sin ter idea, sin pedir opinión á asociación de produtores, só lle preguntou a esa persoa disgustada coa organización e se puxo alí a dar instrucións do que se debe ou non se debe facer. O Sr.Ramón López, como todo concelleiro, ten dereito a nos órganos que así o establecen como o pleno, etc… a facer preguntas do que estime, pero el, con todos os respectos, non é ninguén para plantarse nun evento, que ademais está patrocinado por xente que lle cadra moi cerca desde o punto de vista político, dando instrucións sin saber nada do que alí pasou nin este ano nin os anteriores. Eu creo que, cando menos, lle debería ter preguntado á asociación de produtores A Sucadoira para coñecer a realidade e para saber do forte disgusto que teñen por este pequeno incidente”.

Exit mobile version