Site icon Crónica3.com A Mariña

Excursión do Club Ciclista de Burela a terras do Rosal

BURELA .- O Club Ciclista de Burela organiza unha excursión que terá como destino as terras do Rosal , esta excursión entra dentro das actividades que o club desenrola o longo do ano e que terá lugar os dias 26 e 27 do presente mes de setembro.

NOTA DE PRENSA:
O cc. Burela organiza unha excursión que terá como destino as terras do Rosal , esta excursión entra dentro das actividades que o club desenrola o longo do ano e que terá lugar os dias 26 e 27 do presente mes de setembro.

Partiremos uns 14 ciclistas acompañados das esposas , xa que estas excursións ademais de servir para practicar o deporte que tanto nos gusta , tamén se aproveita para facer unhas xornadas de convivencia aproveitando para visitar lugares de interese turístico asi como para gozar da gastronomía xa que non todo debe ser dar pedais.

No que corresponde a parte deportiva , faremos dúas rutas en bicicleta o sábado , unha en bicicleta de estrada partindo de Nigrán polo interior con dirección a Tui , a Guarda , Baiona e regresando a Nigrán despois de recorrer 85 km.

A outra ruta será en btt saíndo de Nigrán e percorrendo os montes que rodean esta localidade e tamén a de Baiona rematando no punto de saída , ésta ruta ten unha lonxitude de 40 km.

O domingo desprazarémonos en autobús ata a aidade de Vigo e alí embarcaremos no barco que nos levará ata as illas Cíes onde faremos unha ruta de senderismo asi como a comida de mediodía regresando pola tarde ata Vigo e a continuación regresar en autobús ata Burela.

Exit mobile version