Site icon Crónica3.com A Mariña

Este é un país de chourizos

“Este é un país de chourizos e dunha Xustiza que non funciona” E unha farse recollida por os papeis a pasada semana atribuída ao que fora líder de IU na década dos 90 Julio Anguita que me serve para dar comezo a o articuliño.

Din os libros que o xefe dos “Pieles Rojas” en 1819 enviou unha carta a James Monroe, presidente dos Estados Unidos que dicía así:

“O gran xefe de Washington mandou facernos saber que quere comprar as terras xunto con palabras de boa vontade… Queremos considerar o ofrecemento porque ben sabemos que, se non o fixésemos, poden vir os rostros pálidos a arrebatarnos as terras con armas de fogo. Pero como podedes mercar ou vender o ceo ou a calor da terra? Esta idea resúltanos estraña. Nin o frescor do aire nin o brillo da auga son nosos. Como poderían mercarse?… As escarpadas penas, os húmidos prados, a calor do corpo do cabalo e o home: todos pertencen á mesma familia… O murmurio da auga é a voz do pai do meu pai… As vosas cidades feren os ollos do home de pel vermella. Quizais sexa porque somos salvaxes e non podemos comprender.

Non hai un só sitio tranquilo nas cidades do home branco. Ningún lugar onde poida oírse en primavera o despregamento das follas ou o rumor das ás dun insecto… O ruído da cidade é un insulto para o oído. E eu pregúntome: que clase de vida ten o home que non pode escoitar o berro solitario da garza ou a discusión nocturna das rás en torno á balsa?… O aire ten un valor inestimable para o pel vermella, xa que tódolos seres comparten un mesmo alento: a besta, a árbore, o home, todos respiramos o mesmo aire… O aire comparte o seu espírito coa vida que sostén. O vento que deu aos nosos avós o primeiro sopro de vida tamén recibe os seus últimos suspiros… Que pode ser do home sen os animais? Se todos os animais desaparecesen, o home morrería nunha gran soidade. Todo o que lle pase aos animais moi pronto lle sucederá tamén ao home. Tódalas cousas están ligadas… Ensinen aos seus fillos, que nós ensinamos aos nosos, que a terra é a nosa nai. Todo o que lle acontece á terra lle acontecerá aos fillos da terra. Se os homes cospen no chan chóspense a si mesmos… Se ensuciades o voso leito, calquera noite morreredes sufocados polos vosos propios excrementos… Non entendemos por que se saturan os cantos dos bosques co alento de tantos homes… Nós amamos este país como ama o neno os latexos do corazón da súa nai… “.

Salvaxe? Primitivo?Que gran home e que gran sabio, ademais de profeta era aquel xefe indio que se chamaba Seatle.

Exit mobile version