O Concello de Cervo informa de que continúa aberto o prazo para acceder ás axudas de transporte escolar, con carácter individual e destinadas a sufragar os gastos de desprazamento diario dos alumnos e alumnas do concello que cursaron estudos durante o pasado curso 2008-2009 en centros da comarca de educación secundaria non obrigatoria que non se imparten no seu territorio, a excepción dos que estudaron en centros de Burela, porque o transporte a este municipio xa foi subvencionado polo concello mediante outro tipo de axudas. A contía máxima para cada beneficiario será de 150 euros. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 31 de outubro. En vindeiras datas ten previsto convocar as axudas destinadas aos alumnos de educación infantil para a adquisición de libros e material escolar.
En Cervo continúa aberto o prazo para axudas de transporte escolar do pasado curso
En Cervo continúa aberto o prazo para axudas de transporte escolar do pasado curso
Relacionado
-
Ribadeo gardou un minuto de silencio pola primeira vítima de violencia de xénero en Galicia neste 2025: Josefa Fariñas, do Bolo
-
Xs traballadorxs de Sargadelos volverán aos postos de traballo
-
A Casa da Cultura de Vilalba acolle a exposición “Universo Vizoso”, promovida pola Vicepresidencia da Deputación, da man do Insituto de Estudos Chairegos