Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fundación Expomar xestionará convenios con institucións para acadar axudas

BURELA (FNC) .- Alfredo Llano presidiu unha xuntanza do patronato da Fundación Expomar onde “fixemos balance dos dous eventos realizados este ano, Expomar e Produart, os encontros empresariais e o resto de actividades organizadas neste 2009. O balance que sacamos é positivo, analizamos o nivel de ingresos e de gastos e xa estivemos vendo as cousas que faremos no 2010, como os encontros empresariais e tamén programaremos outro tipo de actividades que complementen e axuden á nosa Fundación Expomar e que teñan continuidade ó longo do ano, independentemente das dúas feiras que xa se celebran. Xa se sabe que a feira monográfica Expomar é cada dous anos e que Produart é anual, pero tentaremos facer o maior de actividades posible relacionadas co mundo do mar e da pesca”.

O alcalde e presidente da Fundación Expomar engadiu que “agora decidimos facer diferentes visitas a institucións como as Consellerías de Mar e de Traballo para tentar chegar a acordos e convenios para mellorar as relacións institucionais e tamén o nivel de axudas que pode ter esta fundación. Esto farémolo antes das navidades e despois en xaneiro empezaremos a organizar os encontros empresarias e as xornadas técnicas. Todos somos optimistas e estamos ilusionados co traballo que queremos levar adiante ó longo do vindeiro ano”.

Exit mobile version