BURELA .- Un grupo de ciclistas do Club Ciclista de Burela fixeron unha ruta en BTT desde Buela a a parroquia de Román no concello de Vilalba. Foron en total 88 quilómetros dos que 83 transcorreron sen pisar asfalto. Explican que a ruta foi “por camiños , sedeiros , monte a través e pistas dos eólicos facendo algunha incursión en estrada asfaltada pa poder enlazar os camiños non chegando a andar nin 5 quilómetros por asfalto”
Nota de Prensa
O pasado sábado dia 12 de setembro , varios ciclistas do cc. Burela fixemos unha ruta en btt con saída dende a gasolineira de Burela e remate na parroquia vilalbesa de Román.
Esta ruta ten unha dificultade tanto técnica como física de moi alta xa que o percorrido ten 88 km. e transcurre por os montes de Rúa donde subimos ata o Pau da Vella , dende ali tiramos pa Vilacampa , o Cadramón , montes de Silán no concello de Muras , Viveirón dende donde nos diriximos o alto do Xistral donde alcanzamos unha altitude de case 1000 metros , seguimos pola serra do Xistral ata o alto do Monseibane xa no concello de Vilalba dende donde baixamos ata Castromaior pa dirixirnos por camiños ata o remate en Román.
A ruta trancurre case na totalidade por camiños , sendeiros , monte a través e pistas dos eólicos facendo algunha incursión en estrada asfaltada pa poder enlazar os camiños non chegando a andar nin 5 km. por asfalto.
As paraxes que se ven neste percorrido son inesquencibles e moi variadas , fragas de arbolado autóctono das que xa se ven poucas , animáis en total liberdade e moi variadas especies o que fai que ésta ruta se recorde sempre e queden ganas de repetila.
Ésta e a segunda ruta destas características que facemos , xa que fai un més saimos de Burela percorrendo parte da ruta do sábado ata o Viveirón dirixindonos dende alí ata a parroquia de Xerdiz a donde chegamos con 60 km..
Este tipo de rutas están abertas a tódolos afeccionados o btt polo que se pode apuntar que queira disfrutar deses paraxes , toda a información poñemola en internet no seguinte enlace : www.foromtb.com , entrar en rutas y quedadas ,entrar en zona norte , e no enlace que se denomina A mariña lucense está toda a información das actividades que facemos.