Site icon Crónica3.com A Mariña

Critica o PP que o goberno da Deputación “négase” a pedir máis servizos e competencias do Hospital da Costa

Nota de Prensa

O PSOE e o BNG néganse na Deputación de Lugo a pedir á  Xunta a ampliación dos servicios e as competencias sanitarias do Hospital da Costa

* O PP califica de incoherente a postura adoptada polos deputados Lara Méndez e Antonio Veiga ó votar en Lugo o contrario do que respaldaron nos concellos de Cervo e Burela

Lugo, a 30 de setembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular criticou hoxe con contundencia a decisión do equipo de goberno da Deputación provincial de negarse a reivindicar ante a Xunta de Galicia a ampliación das competencias e dos servizos que ten na actualidade o Hospital da Costa.

Para os populares, socialistas e nacionalista protagonizaron unha situación bochornosa no último pleno celebrado na Deputación ó rechazar pedir máis servizos para a área sanitaria de A Mariña e conformarse co que hai, renunciando así a mellorar a atención sanitaria que están a recibir os habitantes desta comarca.

Engaden, ademais, que a actuación dos deputados pola Mariña e máis concretamente a de Lara Méndez e Antonio Veiga resulta, ademais de incoherente, absolutamente inexplicable. No caso de Méndez por votar a favor no concello de Cervo a unha proposta e termos idénticos a presentada polo GPPP o pasado martes no pleno da Deputación e no de Veiga porque o seu partido apoiou a mesma enmenda en Burela e Cervo.

O GPPP non desaproveita tampouco a ocasión para recordarlle ós representantes de ambos partidos que o anterior goberno bipartito da Xunta de Galicia tiña elaborada unha proposta de ordenación sanitaria de Galicia na que prevían acoplar á área sanitaria de Ferrol os concellos da Mariña que actualmente conforman a área da costa lucense. Unha actuación que, ó entender do PP, deslixitima totalmente a PSOE e BNG para falar nada que teña relación co Hospital de Burela.

Dende o GPPP tampouco escatimaron críticas á Antonio Veiga polo feito de difundir unha nota de prensa na que minte xa que nela aseguran que a Deputación insta á Xunta a manter  a área sanitaria de A Mariña (e Monforte) pese o voto en contra do Partido Popular.  Para os populares éste é un exemplo máis da manipulación e dos enganos constantes á cidadanía xungando e manipulando a boa fé das persas, aínda que se amosan convencidos de que tales tretas non só non lograrán o obxectivo coa que foron urdidas senón que se volverán contra el.

Exit mobile version