* CITA COA GASTRONOMÍA NO SAN FROILÁN: DEGUSTACIÓN RAZA RUBIA GALLEGA
As festas de San Froilán marcan a entrada do outono en Galicia. Son nove días nos que en Lugo só se respira a festa. Por iso, para a Deputación é unha satisfacción colaborar, a través do INLUDES, co Concello de Lugo e coa Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (AGRUGA) na organización da degustación desta carne que terá lugar o día 7 de outubro na Praza de Santa María, a partir das 19:30 horas.
En total, repartiranse preto de 1.000 quilos deste produto, polo que se trata dunha oportunidade única que non deben perderse os visitantes que se acheguen a Lugo nestas datas. Con esta iniciativa, a Deputación completa a excelente programación do Concello de Lugo prevista para os festexos. No hai que esquecer que a degustación dos produtos típicos tamén son unha maneira de dar a coñecer a nosa provincia e a nosa gastronomía a todos os que nos visitan con motivo das festas.
A cita gastronómica é posible grazas ó convenio de colaboración que a Deputación ten con ACRUGA desde 2007. O obxectivo do acordo é expandir a raza e establece que a Asociación deposita un número de novillas no centro de recría de raza Rubia Galega, que son compradas ós gandeiros e logo véndense Noutros puntos de España. Na actualidade, o centro da Granxa Gayoso-Castro dispón de 200 novillas que foron adquiridas por ACRUGA.
Esta colaboración que temos coa Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega é un exemplo máis da aposta que fai a Deputación polo sector gandeiro en xeral, e que se completará o vindeiro ano coa construción do Centro de Recría de gando frisón. A infraestrutura albergará a 3.000 novillas, polo que triplicará a capacidade dos 14 existentes en Galicia e terá un investimento aproximado de 8,5 millóns de euros, preto de 1.500 millóns das antigas pesetas. Será o primeiro centro público de España e o proxecto gandeiro máis revolucionario do agro galego levado a cabo en Galicia nas últimas décadas. Estamos ante a Segunda Universidade de Veterinaria de Galicia.
Na Deputación non queremos competir cos gandeiros da provincia, nin estamos para producir leite nin carne, senón para apoiar a este sector nestes momentos de crise. Como xa ten dito o Presidente, a vaca é o ladrillo de Lugo, polo que priorizar non significa dicir que non hai cartos e mirar para outro lado, isto só ten un nome: pasarlle a factura ó gandeiros. Coa construción do Centro de Recría axudaremos a crear postos de traballo no rural e contribuiremos a garantir a continuidade das explotacións gandeiras.
Para rematar quero convidar a todas as persoas que visiten Lugo durante as Festas do San Froilán a que se acheguen ata a Praza de Santa María o día 7 de outubro, xa que se trata dunha extraordinaria oportunidade para degustar esta carne que é apreciada non só en toda España, senón tamén fóra das nosas fronteiras.
* Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo