Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo segue a estela de Feijóo e desmantela centros públicos e axudas as familias, asegura o PSOE

Nota de Prensa

Cervo segue a estela de Feijóo e desmantela centros públicos e axudas as familias
O PP de Cervo retira a gratuidade dos libros de texto en plena crise

A decisión do Concello de Cervo de eliminar a gratuidade dos libros de texto parécenos totalmente Inxusta e insolidaria.
Dende o Grupo Municipal Socialista lamentamos que o PP de Cervo elimine a única medida social gratuita coa que contaban as familias, e que tivo unha gran acollida por parte dos pais, despois da súa aprobación en Pleno co apoio de tódolos grupos políticos.
Primeiro foi o visto bueno á eliminación dun centro público de ensino en San Ciprián, que leva aparellado a pérdida de postos de traballo e actividade económica no Concello, así coma unha reducción da calidade educativa para os nenos. Por outra banda, as familias ven impotentes coma perden un dereito adquirido, coma é a gratuidade dos libros, en plena crise, cando mais axuda necesitan da administración.
Todo elo, amparándose en unha falsa austeridade, que consiste en aforrar a costa dos petos dos cidadáns, que curiosamente son os que menos teñen e os que o mais pagan os despropósitos do novo goberno da Xunta. Por exemplo e a modo de comparación 1 losa da cuberta do Mausoleo de Fraga (Gaias) cubriría o pago dos libros de texto de 5 familias, pero para Feijóo a prioridade parece ser a pedra de Brasil, en lugar da maltrecha economía das familias e empresas galegas.
Mentres o PP segue intentando convencernos do bo do seu sistema de agrupacións escolares, reducción de centros de ensino público e a eliminación de axudas aos “ricos” medio-mileuristas, increméntanse as axudas e subvencións ao ensino privado e sabemos que hai profesores cobrando nas súas casas sen dar clases, coma consecuencia da nefasta planificación da Consellería de Educación.
En Cervo, e mais concretamente en San Ciprián, as comunidades educativas están a sofrir as consecuencias desta mala planificación, comenzando o curso con obras, sen medios nas aulas e con protestas dos pais ante unha situación da que os dous centros agora unificados se enteraron pola prensa.
Os veciños teñen a sensación de abandono por parte da administración autonómica e municipal, e non é de estrañar, posto que agora mais que nunca, os gobernos deben esforzarse en solucionar os problemas das persoas que mais o necesitan e deixar de lado os intereses do partido.

Exit mobile version