Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiro, “co apoio da totalidade”, único candidato a presidir o PP de Lugo

Nota de Prensa

Barreiro será o único aspirante a presidir o Partido Popular de Lugo

•    A súa candidatura foi avalada pola totalidade dos alcaldes e voceiros populares da provincia

Lugo, a 21 de setembro de 2009.- José Manuel Barreiro foi proclamdo hoxe oficialmente candidato a presidir o Partido Popular de Lugo durante o XV Congreso que se celebrará o videiro 31 de outubro.

Fíxose así tras rematar, ás 20 horas de hoxe, o prazo de sete días aberto para que os aspirantes a tomar as rendas da formación política se postularan sen que, agás a de el, se presentara ningunha outra candidatura.

Pese a que segundo se establece no regulamento do XV Congreso ordinario dos populares lucenses, os candidatos só precisaban estar avalados por 75 afiliados, o actual presidente sextuplicou esa cifra. Contou, de feito, co apoio da totalidade dos alcaldes, voceiros e presidentes locais, representantes de distritos na cidade de Lugo, diputados provinciais, autonómicos e nacionais e senadores, así como de membros natos significativos como o conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez ou a delegada da Xunta en Lugo Raquel Arias.

Rematada esta primeira fase dos prolegómenos do congreso, mañá iniciase o proceso de elección dos 600 compromisarios. O 6 de outubro rematará o prazo para que os afiliados que así o desexen presenten a pertinente solicitude para actuar coma tal.

Naquelas agrupacións locais nas que existan máis aspirantes que o número de compromisarios correspondentes (fixado en función do número de afiliados e dos resultados obtidos nas pasadas eleccións autonómicas) celebrarase unha asamblea xeral para proceder a súa elección. Todas as asambleas deberán celebrarse o 8 de outubro entre as 19 e as 21 horas. En calquera caso, o 13 de outubro coma data límite terá que ser remitida á comisión organizadora do Congreso a lista de compromisarios electos.

Unha vez elexidos os compromisarios, José Manuel Barreiro ten intención de iniciar unha campaña para recabar o seu respaldo facendo un percorrido polos concellos da provincia e a propia cidade de Lugo.

Exit mobile version