González Barcia solicita de Portos de Galicia que poña en valor o solo industrial do Berbés.
Portos confía en que as obras de prolongación do dique de atraque rematen este ano.
As obras de abastecemento de auga a Burela poden estar concluidas dentro de un ano.
O portavoz do GMPP burelés, José María González Barcia, pediulle hoxe ó Presidente de Portos de Galicia, José Manuel Alvarez-Campana, que a Xunta tome as medidas oportunas para poñer en valor os corenta mil metros de solo empresarial existentes na zona de O Berbés, en Castrelo, superficie que fora construida sendo Núñez Feijoo conselleiro de Obras Públicas. Alvarez-Campana foi moi receptivo a esta petición, e manifestou o interese de Portos de Galicia de millorar os accesos a ABSA polo Berbés, o que facilitaría o asentamento de empresas nesa zona. Barcia lembrou que a zona naceu con vocación de asentamento de empresas vencelladas co mundo do mar e co sector pesqueiro, e que mesmo o goberno municipal de Burela do PP aprobara unha batería de bonificacións fiscais para favorecer tal asentamento. Campana aseguroulle ó portavoz popular burelés que en cuestión de semanas habería noticias ó respecto, así como que as obras de prolongación do dique de atraque poden estar rematadas este mesmo ano, obras programadas no Plano Director do Porto de Burela redactado coa Xunta do presidente Fraga.
Outro dos temas que Barcia abordou na súa entrevista con Alvarez-Campana foi a situación do acceso ó porto, asunto que tamén abordou coa Directora Xeral de Infraestructuras, Isabel Vila. Os dous cargos da Xunta aseguraron que as cuestións de tipo técnico e administrativas están en vías de solución, coma por exemplo a modificación do convenio asinado no seu día entre Portos de Galicia e a Dirección Xeral de Obras Públicas, ainda que Barcia non puxo prazos, á espera de unha máis detallada concreción dos asuntos a resolver.
Ademais, González Barcia entevistouse coa Presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez Mourelle, quen lle manifestou que as obras de abastecemento de auga a Burela poden estar rematadas dentro de un ano aproximadamente. Barcia lamentou que o bipartito tivera o proxecto, elaborado e presupostado pola Xunta de Manuel Fraga, paralizado durante cáseque dous anos, o que só serviu para retrasar a execución dunha obra que todos recoñecemos que é imprescindible. Ademais, a reunión coa Presidenta de Augas de Galicia serviu para recabar información de primeira man sobre o estado real das obras.
O portavoz do PP de Burela avanzou que xa se puñera en contacto cos representantes do sector pesqueiro para adiantarlles os aspectos máis importantes da reunión con Portos de Galicia, e tamén cos representantes da asociacion de Veciños O Vencello, pero que mañán, xoves, manterá reunións con eles para expoñerlles os detalles das indicadas reunións, que Barcia valorou como mui positivas.
González Barcia declarou que este tipo de reunións serán unha constante na política do PP de Burela, porque “ese é o noso compromiso con Burela, e porque así o piden os nosos votantes e o conxunto dos cidadáns”.