Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma o PSOE que o Concello de Cervo e noticia pola “mala praxe do alcalde”

Nota de Prensa

O Concello de Cervo novamente noticia pola mala praxis do Alcalde
O dirixente Popular non e consciente do que e gobernar un Concello

O feito que ven de denunciar  a Unión de Gardas Civís de Galicia ante a Subdelegación do Goberno pon de manifesto a necesidade da creación de un plan de emerxencias para eventos multitudinarios como solicitou este Grupo Municipal Socialista no último pleno municipal.
A petición do plan de emerxencia que se lle pediu ao concello debido as situacións caóticas que se produciron na festa da Maruxaina precisamente pola falta de previsións e deixadez de funcións que se puxeron de manifesto.
Situacións  que desgraciadamente se están a converter en algo habitual no noso Concello simplemente pola vagancia que caracteriza  ao noso Alcalde o Sr.Villares, e o peor de todo que en vez de recoñecer os seus erros e tratar de emendalos intenta sempre de votarlle a culpa aos mais coma se dun neno de 5 anos se tratase.
Dende o Grupo Municipal Socialista pedímoslle ao Alcalde que despois de mais de dous anos de abandono total do Concello en todas as súas funcións de unha vez por todas se poña a traballar para darlle os servizos aos veciños do Cervo que para iso foi elixido.
Dende o PSdeG-PSOE tamén lamentamos as declaración feitas pola Alcaldesa en  funcións a Sra. Pilar Armada xa que esta corrobora que durante a noite da Maruxaina non había dispositivos de seguridade a disposición dos veciños e visitantes a este evento.
Pon de manifesto o descoñecemento que teñen no Concello sobre as competencias propias do Consistorio sobre seguridade vial nos cascos urbanos en aqueles Concellos que teñen servizo de Policía Local, e o único que lles preocupa e que “se lles poña de exemplo” en vez de facer as súas tarefas, LAMENTABLE.

Exit mobile version