Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o BNG de Foz que é falso que se carecese de dotación para abrir a Galescola do Bahia

Nota de Prensa

Nota do BNG sobre a Galescola de Foz e as declaracións de Balseiro.

Ante as declaracións que ven de facer públicas o Sr Balseiro onde se adica a botar balóns fora sobre as responsabilidades que o PP ten en que a día de hoxe sesenta familias do Concello de Foz carezan de praza de Gardería por negarse o Goberno de Feijoó a abrir a escola Infantil do Bahía, o Bloque Nacionalista Galego quer precisar que o seguinte:

1º)  É absolutamente falso que se carecese de dotación orzamentaria para abrir neste trimestre a Galescola do Bahia, tanto é así, que a cargo do diñeiro destinado a apertura de centros o Consorcio procedeu a adicar unha partida de 1,3 millóns de euros a elaborar a nova imaxe corporativa das escolas infantís e a dota-las dunha nova sinaléctica. Os nacionalistas xa demostramos na nosa xestión ao fronte do bipartito o noso compromiso cos nenos e coas familias de Foz destinando 500.0000 Euros para rehabilitar o edificio do antigo Hotel Bahia e construír unha Galescola. Só nos resta solicitarlle ao PP de Foz e ao Sr. Balseiro que se teñen algún poder no PP desbloqueen esta situación ou é que o PP é o Sr Balseiro queren como é tradicional nesta forza política castigar aos veciños de Foz?.

2º) Os nacionalistas consideramos que a decisión do PP en relación  co Escola Infantil do Bahia significa a volta a vella medicina coa que este Partido actuou en relación con Foz negándolle o pan e o sal e privándoo de servizos públicos. Non é novo o caso que nos ocupa, chove sobre mollado, no camiño que se iniciou coa negativa de dotar a Foz de urxencias e que a hora continua con este ataque aos nosos nenos. A maior afondamento esta decisión hai que situa-la na cruzada aberta polo PP contra cos servizos de benestar que pretenden reformulalos en negocio puro e duro. Saiban os responsábeis autonómicos que os veciños de Foz nin agochamos a cabeza nin estamos dispostos a que se nos trate como cidadáns de segunda.

3º) O Bloque Nacionalista Galego sabe que non se está desviando un ápice do que pensan os veciños de Foz cando afirma que o pouco crédito que lle podía quedar a Balseiro en Foz dilapidouno coa posición mantida en relación co establecemento do servizo de urxencias na localidade, onde cambiou de posición tan pronto cambiou o Goberno. Balseiro actúa como unha arma de intoxicación masiva a que non importa dicir hoxe unha cousa e maña outra totalmente distinta, mesmamente faltar a verdade e o que é aínda peor non saber o que di. Aos nacionalistas non nos importa que Balseiro falte a verdade, porque ese modus operandi é característico del, o que si que lle recomendamos é que deixe de crerse as súas propias mentiras.

4º) O que nos preocupa a nós como veciños de Foz é que canto antes comece a funcionar a escola infantil do Bahia. Nos non estamos en política para criar problemas senón para buscar solucións por iso presentamos as diferentes iniciativas no plano local e no plano autonómico. Neste sentido urximos que a Xunta de Galiza comunique de xeito oficial aos focegos o prazo que manexa para que entre en funcionamento a nova Escola Infantil de Foz e que por parte dos responsábeis da Consellaría de Traballo e Benestar se remate xa coa confusión de datas de apertura que mantén co Consorcio. Deixando ao lado que a Xunta incumpriu xa a esta altura o convenio asinado co Concello que cifraba a apertura do centro no mes de Outubro, non estamos disposto a gardar a tolerar que se faga boa a data que manexa o Consorcio de non abrir a Galescola en 2011.

Exit mobile version