Nota de Prensa
LUNS14 DE SETEMBRO
• SALÓN DE PLENOS
Casa do Concello
20.00 h PRESENTACIÓN NOVO CURSO ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2009-2010
O Concello de Cervo ofrece unha reunión explicativa na que darán conta das actividades que forman parte das Escolas Deportivas Municipais. Tamén están a distribuír máis información a través dun panfleto, por correo aos antigos alumnos, e na Casa da Cultura e do Concello.
O vindeiro martes día 15 comezarán xa todas as clases. Este ano o Concello de Cervo decidiu seguir apostando por todas as actividades grazas ao éxito acadado na pasada edición:
Para nenos fútbol, baloncesto, patinaxe, tenis e ximnasia artística. Tamén ofertarase aerobic infantil
Para adultos continuarán as modalidades de ximnasia de mantemento, erobic e como novidade principal na presente edición haberá piltates en substitución do tai-chi.
Desde a área de Deportes na presente edición quere fomentar a participación do colectivo de alumnos do Instituto. Nese senso lembran que poden inscribirse na modalidade escolar persoas nacidas ata o ano 1994 (16 anos) e, en caso de superar esa data, poden facelo na modalidade de adultos.