Nota de Prensa
Ante as declaracións do BNG de Foz, onde pide explicacións e onde di que o Partido Popular priva de servicios públicos o nosos concello, temos que dicir que aínda que agora a responsabilidade de gobernar e de abrir a escola infantil de Foz, é do Partido Popular, o que lle negou o servicio da galescola a Foz non foi outro que o BNG e a pasividade do BNG de Foz.
Catro anos tivo o goberno bipartito PSOE-BNG pa poñer a galescola de Foz a funcionar, e non foron capaces nin de dotala dos medios necesarios coma fixeron noutros concellos, que xestións fixo o Sr. Basanta para acelerar a posta en marcha da galescola, NINGUNHA.
Quizás o seo enfado sexa por que non puideron facer a política de colocación que viña facendo o BNG, unha política clientelar e caciquil, colocando os seos amigos, e agora intentan xustificarse.
O BNG e o PSOE non están lexitimados pa pedir celeridade neste tema, pois durante catro anos estiveron tanto en Foz nos distintos plenos, coma na Xunta, culpándose uns a outros e sen facer nada.
As ameazas do alcalde o único que demostran, é a súa incompetencia para gobernar, e a súa ignorancia neste tema, facendo realidade aquel cualificativo que lle facían nun xornal de ser un “alcalde de pandeireta e acordeón” ( moita festa e ruído, pero pouca xestión).
Si o que quere o BNG e a postura do Partido Popular de Foz, a ten, e non será outra, que poñer a funcionar un servicio necesario como é a escola infantil con todos os medios necesarios, e que ante a incompetencia do equipo de goberno a xestionar nada, e a mala fe do BNG focense, por non facer as xestións necesarias cando gobernaban na Xunta, o Partido Popular de Foz traballará en prol da apertura da escola infantil.
Os veciños de Foz demostraron nas ultimas eleccións quen os trata como veciños de segunda, e non son outros que o PSOE-BNG, catro anos de promesas e de ningún feito.
* Cero vivendas sociais (responsabilidade do BNG)
* Cero residencia da terceira idade (responsabilidade do BNG)
* Cero na posta en funcionamento de galescola (responsabilidade do BNG)
* Cero no Auditorio (responsabilidade do PSOE)
* Cero nas reforma do porto de Foz (responsabilidade do PSOE)
* Cero nas reformas do porto deportivo (responsabilidade do PSOE)
* Etc. Etc.
Agora tanto o PSOE como o BNG nos falan de compromisos do Goberno anterior con Foz, compromisos de bar que non se culminaron ningún, a obriga de quen goberna e de plasmar os compromisos en feitos e deixalos comprometidos nos presupostos, pero os galegos e os focenses sabemos que como mercaderes e vendedores de fume o BNG e o PSOE son expertos.
O partido Popular de Foz loitará por que se cumpran os compromisos que se fixeron con Foz aínda que non gobernemos no concello, pois o noso compromiso e con Foz, e estamos seguros que o novo Goberno Galego cumprirá co a palabra dada aos focenses.