NOTA DE PRENSA
O PP perfila as liñas de actuación do novo curso político.
Raquel Río e Bruno Pedre, portavoces do comité local, adiantan que en Setembro celebrarase unha asamblea de afiliados.
Os populares consideran agotado o proxecto do bipartito burelés.
O PP de Burela dará comenzo mañán, mércores, ó novo curso político, logo de rematadas as vacacións de verán. A tal efecto, mañán mesmo terá lugar unha reunión do seu Comité Local, tal e como anunciaron os seus portavoces Raquel Río e Bruno Pedre.
Río e Pedre indicaron que na reunión do Comité Local o asunto crucial será a fixacion da orde do día dunha asamblea de afiliados a celebrar na primeira quincena de Setembro, asamblea que se pretende que serva para marcar as grandes liñas de actuación do partido e do grupo municipal no outono-inverno vindeiro. Ambolos dous lembraron que o PP celebra unha media de catro ou cinco asambleas de afiliados e simpatizantes cada ano, para darlle participación ás bases do partido.
Ademais, na reunión do Comité Local estudiarase unha reorganización do funcionamento do PP local que deberá ser aprobada pola asamblea local, de cara a potenciar a implantación do partido. Tamén se comenzará coa organización da presencia de militantes e simpatizantes do PP burelés na Romaría Popular que este ano se celebra en Silleda o día 26 de Setembro.
Segundo os portavoces do Comité Local do PP burelés, outro dos asuntos a tratar está relacionado coa parálise da actividade municipal derivada de que o traballo do bigoberno burelés, de PSOE e BNG, está agotado, por cansancio e por falla de proxecto. A partires de setembro, o PP pretende incrementar o ritmo de oposición para tentar dinamizar a vida municipal, que languidece e se reduce á organización de festas e actos lúdicos, pero que non promove ningún tipo de proxecto que xenere ilusión para a creación de riqueza e aumento da calidade de vida dos cidadáns.
Raquel Río e Bruno Pedre consideran que este curso político que agora deparará poucas sorpresas desde o Concello o que consideran perxudicial para os cidadáns de Burela.