Site icon Crónica3.com A Mariña

Ábre o prazo de inscrición para as escolas deportivas municipais de Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- O prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas municipais de Ribadeo estará aberto desde mañá 15 de setembro e ata o 2 de outubro.

Este curso 2009-2010, como o ano pasado, ofértanse oito disciplinas, entre as que se atopan: fútbol, fútbol-sala, patinaxe, natación, tenis, baloncesto, ximnasia rítmica e judo. A cota por escola será de 52,25 euros e o prazo para o pagamento prolongarase ata o 16 de outubro, sendo causa de baixa na escola a falta deste ingreso.

As inscricións poderán realizarse na OMIX, emplazada no Auditorio Municipal Hernán Naval, en horario de 9:00 horas a14:00 horas. Nas escolas con límite de praza terán preferencia as persoas empadroadas ou escolarizadas en Ribadeo.

A escola municipal de natación comezará o curso o día 16 de outubro. O horario será os venres de 19:15 horas a 19:45 horas para iniciación e perfeccionamento e os sábados de 10:00 horas a 10:30 horas para perfeccionamento e de 10:30 horas a 11:00 horas para o grupo de iniciación.

A escola deportiva de fútbol-sala comezará o 1 de outubro. Os seus responsables manterán unha reunión cos pais e nais dos alumnos o luns, 28 de setembro, ás 20:00 horas no pavillón novo de Ribadeo.

O curso de tenis dará comezo o 16 de outubro e as clases terán lugar os luns e venres entre as 17:15 horas e as 19:15 horas dependendo da idade. Haberá unha xuntanza cos pais e nais o luns 5 de outubro ás 19:00 horas no Clube de Tenis de Ribadeo.

Tódolos matriculados en xudo iniciarán o curso o xoves 15 de outubro e terán clase os martes e xoves de 17:30 horas a 18:30 horas. Os que se anoten na escola deportiva de baloncesto comezarán o 1 de outubro. Impartirase os martes e xoves de 16:00 a 18:30 horas (dependendo da idade dos participantes).

A escola de patinaxe dará comezo o 15 de outubro e o horario será os martes de 17:15 horas a 18:15 horas e os xoves de 18:00 horas a 19:00 horas.

A de ximnasia rítmica comezará a adestrar o 6 de outubro, os martes e mércores de 18:00 horas a 19:00 horas e ten prevista unha reunión para o mércores 30 de setembro ás 18:00 horas no pavillón vello. E a escola deportiva municipal de fútbol fará a presentación da tempada o sábado 19 de setembro ás 12:00 horas no campo de fútbol.

Exit mobile version