Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de outono do Centro de Artesanía e Deseño

O CENTRAD, Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación,  organiza os vinderios meses 19 actividades formativas de cestaría, vidro, téxtil, xoiería e cerámica.  Os cursos teñen unha capacidade de 12 alumnos como máximo e están dirixidos a artesáns profesionais e ó público en xeral. A duración dos mesmos oscila entre as 10 e as 50 horas. A inscrición poderá realizarse ata dous días antes do comezo de cada obradoiro, a través do teléfono: 982 21 00 66 ou do número de fax: 982 21 90 14.

Exit mobile version