BURELA (FNC) .- A delegada de Educación do Concello de Burela, Lucía Bouza, anunciou que a Escola de Música Municipal xa ten aberto o prazo de matrícula para o curso 2009-2010, que será presentado o vindeiro martes, día 15 de setembro, ás 20.00 horas no Salón de Conferencias do Concello.
Lucía Bouza explicou que “a Escola de Música de Burela ten xa aberto o prazo de matrícula para este curso 2009-2010 que se presentará o martes, día 15 de setembro, ás 20.00 horas, no Salón de Conferencias do Concello, que tamén é coñecido como a biblioteca vella”.
A responsable de Educación suliñou que “este curso vai contar con máis horas de adicación por parte dalgúns dos profesores e esto é debido ó incremento de matrículas que a Escola de Música ven sufrindo nos últimos anos, así xa no curso pasado conseguimos pasar de máis de 100 alumnas e alumnos matriculados”. Bouza engadiu que “simplemente animamos a todos e a todas a participar nalgunha das numerosas actividades que a Escola de Música ven organizando para nenos e nenas de a partires de catro anos”.