Todos os nenos da zona que estean interesados en participar e adestrar coa SD RIBADEO nesta tempada aínda están a tempo de apuntarse, e poderano facer o mesmo día da presentación.
Os Infantís comezaron a súa andaina xa no mes de AGOSTO, con partidos amigables, sendo o primeiro partido de liga este próximo xoves 17 ás 17,00 horas na capital da provincia contra o AT ABUIN.
O renovado equipo infantil, dirixido de novo este ano por NICOLAS VEIGA, e incorporándose ao equipo técnico GERMAN A.VALE VARELA, teñen un difícil papel no presente campionato, logo da gran actuación do pasado ano e as baixas dos xogadores de primeiro ano que pasaron a defender as cores do CD LUGO. Os mozos de NICO e GERMAN afrontan esta tempada con moita ilusión e ganas de deixar o pavillón moi alto.
Por outra banda a categoría ALEVIN atópase a pleno rendemento na súa preparación para a competición na veciña ASTURIAS tanto o equipo A dirixido por IVAN como o B dirixido este ano por CARLOS contan cuns persoais moi axustados pero á vez moi competitivas.
A SD RIBADEO conta este ano cun Director Deportivo que planificase a metodoloxía apropiada para cada categoría e un seguimento físico individualizado de cada xogador. Así mesmo a SD atópase xestionando novos cursos de PRIMEIROS AUXILIOS e preparacións especificas para calquera eventualidade que se poidan dar en calquera dos ámbitos dos labores deportivos, adestramentos, partidos , desprazamentos etc. Formásense aos Monitores e Adestradores.
Así mesmo formásese en exclusiva a algún membro da SD RIBADEO, pioneiro no deporte en GALICIA no uso de D.E.S.A, DESFIBRILADORES SEMIAUTOMATICOS EXTERNOS, que serán impartido pola Empresa ECEGA, coa cal a SD RIBADEO ten asinado un convenio de formación continua.