Site icon Crónica3.com A Mariña

A exposición “Xove 360º. Un gado máis” mostrarase nos centros sociais do concello

XOVE .- Esta Exposición fotográfica, que durante do 14 ao 30 de agosto estivo exposta na Sala de Exposicións do Cívico, pode ser contemplada agora no Centro Social de Lago, onde está instalada dende onte 22 de setembro ata o 4 de outubro. O horario de apertura vai selo o do propio Centro Social. Debido ao éxito da Exposición, dende a Concellería de Cultura decidiuse xirala por todo o Concello, polo que despois de Lago a Exposición irá ao Centro Social de S. Isidoro de Monte, e despois a outro, e así ata completar o circuito de todo o Concello:

-22 SETEMBRO A 4 OUTUBRO: C.S. LAGO

-6 AO 18 OUTUBRO: C.S. S. ISIDORO DE MONTE

-20 OUTUBRO A 1 NOVEMBRO: C.S. O CRUCEIRO

-3 AO 15 DE NOVEMBRO: C.S. A VARA.

-17 AO 29 NOVEMBRO: C.S. SUMOAS.

-1 AO 13 DECEMBRO: C.S. VILACHÁ.

-15 AO 27 DECEMBRO: C.S. S. PALMEIRO

A Exposición “Xove 360º” xurdiu o pasado ano por unha iniciativa da Concelleira de Cultura Dolores Meitín, polo que a deste ano e como unha continuación da do pasado ano, dahí o engadido de “Un grado máis”.

Para realización desta Exposición a Concellería de Cultura realizou hai uns meses unha convocatoria entre os fotógrafos amateurs do Concello á cal acudiron 13 fotógrafos, frente aos 7 da convocatoria do pasado ano, razón pola cal dende a Concellería de Cultura se sinte unha especial satisfacción pola boa acollida da convocatoria.

Os 13 fotógrafos que participan nesta Exposición, son: Felipe Abad, José Manuel Blanco, Míriam Bermúdez, Santos Cordovilla, Alberto Rapa, Juan Antonio Fernández, Mateo Guerreiro, María Elena Fernández, Andrea Castro, Ana Isabel Lage, Andrés García, Eduardo Basanta e Carlos Montero.

En total preséntanse 50 fotografías, das cales cada autor escolleu dúas das propias directamente, sendo as 24 restantes escollidas entre tódolos fotógrafos participantes.

A temática da exposición este ano foi libre, inda que o que predomina son paisaxes.

As fotografías están en formato 40X50, realizadas en papel fotográfico máis “foam” (unha especie de cartón pluma). O deseño do cartel da Exposición o realizou Ana Isabel Lage e o deseño da presentación das fotografías foi realizado por Miriam Bermúdez, ambas fotógrafas participantes na mesma.

Exit mobile version