LOURENZÁ .- A Casa da Cultura do Concello de Lourenzá acolle a exposición “Galicia, biodiversidade” ata o martes, día 22, en horario de 12 a 14 e 17 a 29. O martes un educador ambiental encargarase de guiar a visita de tres grupos de alumnos do CEIP Juan Rey de Lourenzá
Nota de Prensa
Dende o día de hoxe e ata o vindeiro martes, en horario de 12 a 14 e 17 a 29, na Casa da Cultura do Concello de Lourenzá poderase visitar a Exposición didáctica itinerate “Galicia, biodiversidade”.
En 50 metros cuadrados podemos encontrar rías, bosques, montañas, ríos, canóns, lagoas, illas, praias, dunas, matogueiras, esteiros…unha gran diversidade de ambientes que debuxan unha paisaxe única que non se pode comprender sen a presenza humana desde hai milleiros de anos.
Con esta exposición didáctica, pretendemos que se coñeza a diversidade de ecosistemas, de especies e de variedades xenéticas que se conservan en Galicia. Que se estimule a toma de conciencia sobre a importancia da conservación da biodiversidade máis próxima que atesouramos en Galicia e, ao mesmo tempo, a mundial.
O vindeiro martes día 22, un educador ambiental encargarase de guiar a visita de tres grupos de alumnos do CEIP Juan Rey de Lourenzá, esta actividade promovida dende a concexalía de medio ambiente do Concello trata de desenvolver comportamentos positivos cara á conservación das especies e dos seus hábitats e fomentar, nos máis cativos, actitudes responsables que favorezan a conservación da natureza.
Relación de paneis
Panel 1: Portada – Galicia, biodiversidade
Panel 2: Biodiversidade – Un quebracabezas de millóns de anos en continuo cambio.
Panel 3: A arca da vida – Diversidade de especies en Galicia
Panel 4: Biodiversidade en Galicia – Os ingredientes desta receita
Panel 5 (dobre): Ecosistemas – Unha viaxe pola diversidade
Panel 6: As ameazas – A nosa biodiversidade en perigo.
Panel 7: Ferramentas – Protexer as especies e os espazos
Panel 8: Paisaxe e formas – Marabillas para a vista, marabillas por natureza.
Panel 9: Flora – Algunhas plantas baixo ameaza
Panel 10: Invertebrados – Os pequenos, grandes descoñecidos
Panel 11: Peixes – ¿Ficarán o mar e os ríos sen peixes?
Panel 12: Anfibios e réptiles – Sempre perseguidos, máis ameazados ca nunca
Panel 13: Aves – Galicia, un gran observatorio de aves
Panel 14: Mamíferos – Os máis grandes ameazados
Panel 15: Mamíferos mariños – Eses grandes descoñecidos tan achegados a nós.
Panel 16: Razas e variedades – Menos cantidade pero máis calidade
Esta exposición é promovida pola Xunta de Galicia e pola obra social “La Caixa”.