Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación ultima un plan de prevención da gripe A que extrapolará ós concellos

LUGO .-A Deputación está a ultimar un plan de prevención da gripe A que, asegura, “complementará as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias co obxectivo de evitar o contaxio desta enfermidade tanto entre os traballadores da institución como dos visitantes”. Según explican, este plan levarase ós concellos da provincia, “dentro da política de cooperación cos municipios, a Deputación aforrará ás entidades locais, que teñen menos recursos, o custe que lle supoñería afrontar con fondos propios a posta en marcha destas medidas preventivas.

NOTA DE PRENSA

A Deputación de Lugo está a ultimar un Plan de prevención da gripe A que complementará as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias co obxectivo de evitar o contaxio desta enfermidade tanto entre os traballadores da institución como dos visitantes. Esta iniciativa contempla a instalación de dosificadores cunha solución hidroalcólica que deberán aplicar nas mans todas as persoas que accedan ás dependencias provinciais. Ademais, entregarase a todos os empregados un protocolo de actuación con información e consellos para evitar o contaxio da enfermidade.

O organismo que preside José Ramón Gómez Besteiro tamén levará este Plan ós Concellos da provincia. Dentro da política de cooperación cos municipios, a Deputación aforrará ás Entidades Locais, que teñen menos recursos, o custe que lle supoñería afrontar con fondos propios a posta en marcha destas medidas preventivas.

Lavado de mans

Para evitar os contaxios, a principal medida contemplada no Plan da Deputación é o lavado de mans de todas as persoas que accedan ás dependencias provinciais, tanto traballadores como visitantes. Para elo, colocaranse nas entradas dos edificios dosificadores cunha solución hidroalcólica que non necesita aclarado.

Esta actuación tamén prevé que haxa dispensadores de xabón e de papel para secarse as mans en todos os aseos. Ademais, haberá un termómetro nos botiquíns dos diferentes servizos da Deputación para que os traballadores que desconfíen que teñen febre poidan controlar a temperatura e limparanse con máis frecuencia as superficies onde os virus poden permanecer horas ou días, como tiradores, pasamáns, mobles, etc.

Información para evitar contaxios

Todos os empregados da institución provincial recibirán un protocolo de actuación con información para evitar contaxiarse ou contaxiar. A principal recomendación é lavar as mas con frecuencia, xa que as pingas que se emiten ó tusir, esbirrar ou falar poden quedar nas mans, onde os virus sobreviven uns 5 minutos. Tamén deberán tapar a boca e o nariz ó tusir ou esbirrar e evitar tocar os ollos, o nariz ou a boca.

O documento que se entregará ós traballadores dará resposta ás preguntas máis frecuentes sobre o gripe A, tales como cales son os síntomas, en que periodo se pode contaxiar o virus, se a enfermidade pode ser grave nalgún caso, cales son os grupos de risco ou se é recomendable o uso de máscaras.

Vida normal

Na reunión que o pasado luns, 31 de agosto, mantivo a Ministra de Sanidade, Trinidad Jiménez, cos Conselleiros de Saúde das 17 Comunidades Autónomas, fíxose fincapé en que a nova gripe non debe alterar a vida normal da poboación.

Segundo os acordos adoptados polas autoridades sanitarias, haberá doses de bacinas para cubrir ó 60% da poboación. Os primeiros grupos de poboación bacinados serán as embarazadas, os doentes con enfermidades crónicas e persoal sanitario de de servizos esenciais (Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, bombeiros e Protección Civil.

Exit mobile version