O GPPP afirma que a Deputación abonou facturas, con disconformidade de Intervención, por importe de case 1,8 millóns de euros
* José Manuel Barreiro denuncia que prácticas coma estas proban a ausencia de control político do gasto da Deputación
* Os populares din que “o despilfarro e o derroche dos socialistas poñen en evidencia que non son xente de fiar”
Lugo, 1 de setembro de 2009.- O GPPP acusou ao bipartito da Deputación de levar a cabo unha “política de despilfarro sen control”. Os populares puxeron riba da mesa distintas facturas que a Deputación abonou, neste exercicio, pese a estar suxeitas a expedientes de disconformidade co gasto, por un importe de preto de 290 millóns das antigas pesetas, exactamente 1.734.991’47€. As facturas contaron no seu momento con informe desfavorable para o seu pago, debido a que non había consignación orzamentaria ou ben se incumpliu o procedemento legalmente establecido para a tramitación do gasto.
O portavoz do Partido Popular na Deputación José Manuel Barreiro, quen compareceu xunto co voceiro adxunto José María González Barcia, asegurou hoxe que desa contía de 290 millóns de pesetas, 92 millóns de pesetas pertencen a facturas de 2008 e os restantes 197 millóns de pesetas correspóndense con facturas do presente ano.
Segundo Barreiro, estas irregularidades na tramitación do gasto demostra “a improvisación e o descontrol que teñen os gobernantes da Deputación á hora de levar as contas da casa”. Os populares explicaron que o desembolso realizado, neste tipo de facturas, no que vai do ano 2009 supón o un por cento do presuposto propio da Deputacion para o presente exercicio. “Está fora de control e está fora do mesmo presuposto, xa que non hai consignación para ese gasto de practicamente douscentos millóns de pesetas”.
José Manuel Barreiro asegura que hai unha “falta de rigor” no gasto por parte do bigoberno provincial. “Estamos ante uns auténticos manirrotos, que usan sen xeito nin maneira os cartos de todos, e demostran unha vez máis que non son de fiar”. Das trinta e catro xuntas de goberno celebradas hasta o día 21 de agosto incluído, en dez sesións se validaron facturas con disconformidade no gasto. Barreiro considera que “así imos ó derroche e ó despilfarro; a este paso, a Deputación quedará coma un solar ben rozado, sen ningún brote verde”.
O voceiro do GPPP indicou que moitas das facturas correspóndese con servicios de empresas que deberían estar perfectamente consignados nos presupostos, e que deberían contar co correspondente contrato de realización.
Entre outras citou, os gastos de limpeza do Pazo Provincial, Pavillón Universitario ou Hospital de Castro. Outras chamativas son as que aparecen no capítulo de “Outros”, onde atopamos facturas de gastos de alimentación do Hospital de Castro.
DESGLOSE POR TEMAS
2008
SEGUROS-…………………………………………………………………………… 101.570,77
SEGURIDADE- …..…………………………………………..……………………… 142.760,60
LIMPEZA- ………………..…………..………………………………………………. 81.519,42
PUBLICIDADE- …….…..…………………………………………………………… 112.880,85
ESPECTÁCULOS……….……………………………………………………………. 104.400,00
OUTROS- ………………………….………..………………………………………… 8.339,36
TOTAL FACTURAS 2008………………………………………………………………. 551.471’00€ (91.757.054 ptas)
2009
SEGURIDADE- ……… ……………………………………………………………… 36.609,03
LIMPEZA- ……………….…………………………………………………………… 410.211,98
PUBLICIDADE-…………………………………………….…………………………. 18.443,40
OBRAS- …………………………….……..…………………………………………… 637.896,55
OUTROS- ……………………………… ……………………………………………. 80.359,94
TOTAL FACTURAS 2009:……………………………………………………………….. 1.183.520,47€ (196.921.159 ptas)
TOTAL ANOS 2008 + 2009 ………………………………………1.734.991’47€ ( 188.678.213 ptas)
Os populares sinalan ao Presidente da Deputación como principal culpable de que estes gastos non estén debidamente contemplados nos presupostos, “a responsabilidade só é achacable a Gómez Besteiro, que ademais de demostrar a súa incompetencia para controlar os cartos de todos (xá demostrou non ser capaz de sacar adiante o PXOM da cidade de Lugo en oito anos que foi concelleiro de Urbanismo), seguramente que nos sorprenderá afirmando que como el non fai os presupostos non ten culpa de nada, coma no caso da Residencia Miño.