LUGO .- O goberno provincial aprobou 152.000 euros para varias iniciativas na Mariña. Por unha banda, destínanse 83.063 euros para a contratación da obra de saneamento en Cancela Vella e Viladaide, no Concello de Barreiros, correspondente ó POS 2009.
Po outra banda, a Xunta de Goberno deu o visto e prace ó convenio entre a Deputación e o Concello de Mondoñedo que complementa a rehabilitación da zona monumental desta localidade. O acordo permitirá a construción dun aparcadoiro público na Alcántara, completando as obras de urbanización desta zona prevista no Plan de Rehabilitación do Ministerio de Vivenda. A Deputación investirá 47.000 euros neste proxecto, o que representa o 45% que debía aportar o Concello. “Deste xeito, a Deputación colabora, por unha banda, na rehabilitación dunha das zonas monumentais máis importantes da provincia e, por outra, alivia ás arcas municipais do desembolso previsto no Plan do Ministerio”, apuntou Antonio Gato.
Por último, aprobáronse 3 contas xustificativas do Plan de Cooperación coas Comunidades Veciñais correspondente ó ano 2008, dúas delas en Lourenzá e terceira en Castroverde. As obras suman un presuposto total de 48.098 euros dos que a Deputación achega 26.107. Desta cantidade, 22.000 destínanse ó Concello mariñán.