Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación adxudicou obras de mellora na estrada de San Xurxo a Arroxo, no Concello de Lourenzá

LOURENZÁ  .- A xunta de goberno da Deputación provincial aprobou a adxudicación, por 62.3341 euros,  das obras adicionais á obra do POS 2006 de ensanchamento e mellora dun tramos da estrada provincial de San Xurxo a Arroxo, no Concello de Lourenzá.

Nota de Prensa
A Deputación instalará un sistema de control de presenza do persoal nas dependencias provinciais
Antonio Gato anunicou que “será un sitema dixital que rexistrará as entradas e saídas”

A Deputación implantará un sistema de control de presenza do persoal da Deputación. A Xunta de Goberno deste venres aprobou os pregos e o presuposto, que ascende á 50.000 euros, para a contratación deste servizo. O voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato, afirmou que “será un sistema dixital que permitirá rexistrar as entradas e saídas das depencias onde reliza o traballo”.

Para elo, instalaranse dispositivos lectores nos puntos de acceso ós locais. “Haberá tres no pazo de San Marcos, cadanseu nas seguintes dependencias: Recadación, Santo Domingo, Parque Móbil, Inludes (onde tamén están a Área de Infraestruturas e o Servizo de Expropiacións), e catro na Rede Museística (Museo Provincial, Pazo de Tor, Museo do Mar e San Paio de Narla), apuntou Gato Soengas. O voceiro do equipo de goberno sinalou que “se estima que este dispositivo entre en funcionamento a comezos do ano que vén”.

Outros acordos da Xunta
O Goberno provincial tamén aprobou a adxudicación, por 62.3341 euros,  das obras adicionais á obra do POS 2006 de ensanchamento e mellora da estrada provincial de San Xurxo a Arroxo, no Concello de Lourenzá, entre os puntos quilométricos 0,000 e 2,000.

Ademais aprobáronse 11 contas xustificativas dos Plans de Comunidades Veciñais dos anos 2007 e 2008. As obras sumaron un total de 103.375 euros, dos que a Deputación achegou 57.651.

Exit mobile version