NOTA DE PRENSA
Os populares adaptan a súa estructura ós colexios electorais de Burela.
Raquel Río e Bruno Pedre afirman que a asamblea de afiliados respalda a política do grupo municipal.
Os afiliados constatan que o bigoberno burelés está esgotado.
Os portavoces do comité local do partido, Raquel Río e Bruno Pedre, manifestaron que a asamblea acordou adaptar a estructura e organización do partido ós catro colexios electorais existentes en Burela. Deste xeito, os concelleiros e membros do comité local, xunto con outros afiliados, ademais de pertencer ó propio comité local, asignaranse a grupos de traballo, atendendo ós seus domicilios e mesas de votación; grupos de traballo que terán como prioridade que a mensaxe do partido chegue a todas as rúas e domicilios, organizando encontros cos veciños e trasladando ó comité local os problemas que se xeneren en cada un dos seus entornos. Deste xeito, segundo os portavoces populares, farase máis fluida a vida do partido, tal e como se experimentou á hora da organización das mesas electorais nas pasadas eleccións autonómicas.
Ademais, Río e Pedre indicaron que a asamblea analizou a vida política municipal. Os asistentes constataron que o bigoberno burelés está agotado, tanto por cansancio, como por falla de proxectos. Os afiliados populares manifestaron publicamente a súa preocupación porque a día de hoxe ainda non se sabe que proxectos tenta poñer en marcha o bigoberno para o practicamente ano e medio de mandato municipal que resta.
Ante esta situación, a asamblea mostrou o seu apoio á política que se está a seguir desde o grupo municipal, de crítica pero tamén de presentación de propostas. Os populares lamentaron que desde o bigoberno non se acepte a colaboración que o PP mostra en reiteradas ocasións, o que pón de manifesto o nerviosismo existente entre os concelleiros do bigoberno. Evidentemente, para os populares os responsables desta situación de falta de vida e de actividade municipal é só achacable ó alcalde e á tenente de alcalde.
Río e Pedre indicaron que tamén se preparou a viaxe de afiliados e simpatizantes o vindeiro día 26 do presente mes a Silleda, para participar na Romaría do PP de Galicia.
Finalmente, Raquel Río e Bruno Pedre manifestaron que con esta asamblea o partido comenza a prepararse para o gran reto que serán as eleccións municipais, recoñecendo que ainda falta tempo, pero que a nova estructura e organización do partido necesitarán dun tempo de adaptación.