Site icon Crónica3.com A Mariña

17 restaurantes de Burela participarán nas xornadas gastronómicas do peixe espada

BURELA (FNC) .- Un total de 17 restaurantes participarán nas primeiras xornadas gastronómicas do peixe espada que se desenvolverán en Burela do 9 ao 11 de outubro. A concelleira de Mar, Remedios López Villar, asegura que “éstas son as primeiras xornadas gastronómicas que se dedican o peixe espada en Burela, dende a Concellaría de Mar tentamos promocionar todos os produtos de gran calidade que se vendan no noso peirao, e ademais dar a coñecer a labor que fan os barcos espadeiros de Burela, promocionando  o seus produtos a través da hostalaría.

O prezo da ración para o peixe espada á grella será de 5€ e o resto dos pratos segundo a carta de cada restaurante. Os establecementos participantes son: MESÓN BOTAFUMEIRO, PARRILLADA DE JANDRO, CASA MIRANDA, MESÓN DON JAMÓN, RESTAURANTE OS REMOS, RESTAURANTE PALACIO DE CRISTAL, PIZZERÍA PIZZBUR, CAFETERÍA  LUZERN, CERVECERÍA  A BODEGUILLA,   MESÓN DO POETA, MESÓN HAMILTON, PARRILLADA A MARQUESA, RESTAURANTE O SARGO, CERVECERIA O TRISQUEL, CERVECERIA KIKO, RESTAURANTE TAPIÑAS e MESÓN CARLOS.

Remedios López sinala que “cada restaurante terá que levar unha degustación de peixe espada (a súa especialidade), que non poderá coincidir con ningún outro hostaleiro, nun prato ben presentado o sábado 10 de outubro á Casa do Concello de 10 a 14 horas, e tamén levará nun papel a elaboración desa receita escrita. No Concello improvisaremos, cunha empresa publicitaria, un salón fotográfico  para retratar os pratos elaborados. Dende esta Concellería de Mar elaborarase un libro da gastronomía marítima de Burela Os sabores do noso mar nesta ocasión adicado ó peixe espada, que logo distribuiremos de forma gratuíta entre os hostaleiros participantes”.

A edil socialista engade que “nestas xornadas gastronómicas sortearemos unha fin de semana nun hotel termal en Galicia. A cada restaurante daráselle unha urna de cristal onde poderán votar as papeletas os comensais que degusten unha ración de peixe espada e entre todos os participantes o martes 13 de outubro sacarase un único gañador que poderá disfrutar desa fin de semana”.

Exit mobile version