Pido que apareza un manifesto rexeitando a devandita campaña -algo así como “Non no meu nome” senón, e sintindoo moito, deberei entender que efectivamente algo disto haberá cando ninguén di nada, non sendo que todos vostedes calcen os traxes de dia de festa de “coclico”, “ pola cara” e por tanto se lles pode cualificar de vulgares chourizos.
Por outra lado … Se a anchoa cotizase en bolsa, hoxe andaría polas nubes. E é que lle están a dar un protagonismo ao pobre bicho nunca visto nestes lares.
E a culpable de todo é Dona Rita Barberá; ela, coa súa voz de camioneiro recen levantado tras unha noite de Ducados, póker e augardente, bota man das anchoas que lle regala o Presidente de Cantabria,(¡ mira que é simpático este home do bigote!), a Zapatero cada vez que pasa pola Moncloa, a conto dos famosos traxes sen factura de Camps.
Ademais, declara a voz en berro que como imos pensar que se pode mercar a alguén regalándolle uns “ trajecitos de nada”, que mira que hai que ser mal pensados, malas persoas, arrastrados da vida…
E é que Rita Barberá non entende que os regalos non teñen que servir para mercar a ninguén; é evidente que cuns traxes non merca a vontade de ninguén. Pero o que si poden facer eses agasallos é agradecer favores prestados……. home, moitas grazas pola man que me botaches, non sabes o ben que me veu, toma este detallito, total son catro trapitos de nada.
Ollo, que eu non digo que os traxes sexan en pagamento de nada, ehhh, atención, avogados, xuíces, maxistrados… No vaiamos buscar o que non hai, olliño ao parche.
De todos os xeitos, non vaia ser o demo, de cada agasalliño que recibo polas miñas onomásticas, pois santo non teño xa que como é sabido son ateo, gardo o tícket, empezando dende os calcetíns vermellos que me mercaban por boas notas. Nunca se sabe.