Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove celebra o Día do Neno nas festas de San Bartolo

XOVE .- Xove celebra o mércores o Día do Neno dentro do programa de actividades festivas San Bartolo 2009. Os máis pequenos poderán desfrutar de titeres, inchables, e circo, todo elo no Centro Civico e no pavillón de deportes.

NOTA DE PRENSA

O CIRCO DE PISTACATRO PRODUCCIÓNS, ESPECTÁCULO ESTRELA DO DÍA DO NENO EN XOVE

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, sigue co amplo Programa de Actividades San Bartolo 2009, e despois de dous días de teatro, continuamos mañá mércores 26 de agosto co DIA DO NENO.

O Programa do DÍA DO NENO, é o seguinte:

Mércores, 26 de agosto:

-Ás 16:30 horas: Rocambola Títeres con “As Aventuras do Monstro de Fran Ekestein todos Ben”, no Salón de Actos do Centro Cívico.

Trátase dun divertidísimo espectáculo para toda a familia que conta as peripecias do Monstruo Manolito, o cal, Farto dos histerismos do seu creador, o Profesor Fran Ekestein Todos Ben, decide fuxir do laboratorio que o viu nacer. En definitiva, unha obra de títeres para tódolos públicos, especialmente para NENOS/AS. Duración: de 50 a 60 minutos.

Esta obra pertence ao Programa Cultura Vai Verán, que a  Consellería de Cultura da Xunta de Galicia organiza coa colaboración da Concellería de Cultura de Xove.

-Ás 17:30 horas: rematados o títeres, teremos Inchables Diverneno, na renovada Praza do Concello.

Esta atractiva diversión vai durar aproximadamente ata as 20:50 horas, e consta das seguintes atraccións: Búfalo Mecánico, Tobogán Xigante, Casita de Pelotas, La Granja e Fantasía. A entrada é totalmente libre e gratuita para tódolos públicos. Neste caso a organización e o patrocinio corre a cargo exclusivamente do Concello.

-Ás 21:00 horas: rematados os hinchables, teremos CIRCO con Pistacatro Produccións que vai desenvolver o espectáculo “Cabarés Pistacatro” no Pavillón Municipal de Deportes.

Trátase dunha función de CIRCO, do novo circo galego, e é o ESPECTÁCULO ESTRELA deste  Día da Xuventude. Está considerado o mellor espectáculo de circo de Galicia. É un espectáculo múltiple e variado, onde van disfrutar todos, peques e maiores. Para esta función no Pavillón de Deportes, o Concello vai colocar 300 sillas no Pavillón, o que sumado ás gradas disporemos orredor de 600 localidades para o público.

Os Cabarés de Pistacatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de  claqué. Ofrécese así ao público un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de 5 ou 10 minutos.

“Pistacatro Produtora de Soños, SL é un colectivo humano constituído como empresa, fundada por sete artistas, con sede en Santiago de Compostela e pioneira en Galicia en crear, producir e distribuír espectáculos de novo circo e cabaré. Actores de teatro, músicos, malabaristas, acróbatas e clowns, este heterodoxo grupo de artistas decidiu establecerse como empresa tras unha traxectoria xuntos dende o ano 2000. Sete anos nos que estiveron formándose e actuando con outras compañías por Galicia, o Estado español e polas máis diversas partes do mundo: Cuba, Rusia, Brasil, Arxentina, Gran Bretaña, India, Mozambique, Portugal, República Checa, Italia…

Esta función de Circo tamén pertence ao Programa Cultura Vai Verán, que a  Consellería de Cultura da Xunta de Galicia organiza coa colaboración da Concellería de Cultura de Xove.

Exit mobile version