Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de despedida a nenos e nenas saharauis que pasaron unhas semanas de vacacións na Mariña

MARIÑA .- Autoridades locais dos concellos de Barreiros, Xove e Cervo despediron onte a nenos saharauis que pasaron unhas semanas en distintos concellos de A Mariña. Os rapaces participaron no programa de acollida organizado pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e agora regresaran a súa terra.
Referencia do Concello de Barreiros e do Concello de Xove e Nota de Prensa do Concello de Cervo

Referencia do Concello de Barreiros
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, ofreceu esta maña unh recepción ós dous nenos saharauis que pasaron o verán no municipio. O rexedor fíxolles entrega de diverso material escolar que levarán para a súa terra cando dentro duns días abandonen Barreiros. O acto celebrouse esta mañá no Concello.

Referencia do Concello de Xove

O alcalde de Xove,Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, despediron a dúas nenas saharauis que estiveron en Xove

Nota de Prensa do Concello de Cervo

A administración local destina 650 euros para sufragar os gastos de estadía, transporte e seguros destes rapaces na nosa localidade

CERVO DESPIDE OFICIALMENTE AOS NENOS SAHARAUIS ACOLLIDOS POR FAMILIAS DO NOSO CONCELLO

* O primeiro Tenente de alcalde, Jose Manuel Balseiro, salienta o compromiso do Goberno municipal co programa “Vacacións en paz”e agradece o xesto de compromiso e solidariedade das familias de acollida.

Cervo, 27 de agosto de 2009.- O Tenente de alcalde de Cervo, Jose Manuel Balseiro Orol presidiu na mañá de hoxe a despedida oficial dos catro nenos saharauís que pasaron os meses de verán no noso municipio. Ao acto que tivo lugar nas dependencias do Concello de Cervo asistiron ademais dos nenos agasallados membros das familias de acollida que participan dun xeito desinteresado no programa “Vacacións en paz”.

O Concello de Cervo leva participando desde fai anos neste programa de acollida organizado pola asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui e no que tamén se conta coa colaboración de diversos concellos de Galicia. Esta iniciativa solidaria busca que os pequenos coñezan outra cultura e outro clima, gozando dunhas comodidades que non teñen onde viven. Neste senso Balseiro lembrou que as altas temperaturas que se rexistran durante os meses de verán nos campamentos saharauís fai que a estadía destes pícaros en climas máis fríos sexa “case imprescindible” para o seu correcto desenvolvemento “xunto cos controis médicos que as familias de acollida lles fan”.

O Concello de Cervo é o municipio mariñán que máis nenos vén acollendo ao abeiro deste programa. Na presente anualidade, destinou 2.600 euros (650 euros por cada neno) que son sufragados con cargo ás partidas orzamentarias da concellaría de Asuntos Sociais. Con esta axuda se estarían a subvencionar os custes dos billetes de avión (ida e volta), póliza de seguro para cada un dos nenos acollidos; e outro tipo de gastos como os dos acompañantes e de xestión.

Agora, estes rapaces terán que volver aos campamentos de Tinduf, situados no Sáhara Occidental en Alxeria, unha zona de contrastes con Galicia. Como consecuencia da diferenza respecto do pais de orixe moitos destes rapaces están a experimentar cun mundo que non imaxinaban e no que todos os días descobren algo novo. Pola súa banda, as familias de acollida din sentirse satisfeitas coa experiencia, e aseguran que a seguirán repetindo

Exit mobile version