Site icon Crónica3.com A Mariña

Torneo San Bartolo de bolos, previo a “XXI Tirada de bolos” de outubro

XOVE .- A bolera do campo municipal de futbol de Xove acolle o sábado, día22, a partir das catro da tarde o torneo San Bartolo de bolos, “que vai servir como rodaxe para os xogadores ata que comece a XXI Tirada de Bolos o vindeiro 10 de outubro.

Nota de Prensa

TORNEO DE BOLOS “SAN BARTOLO 2009”

Por segundo ano consecutivo o Concello de Xove, por medio da Concellería de Cultura, organiza o TORNEO DE BOLOS “SAN BARTOLO” 2009, o cal se vai desenvolver na BOLERA DO  CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE o SÁBADO 22 DE AGOSTO A PARTIRES DAS 4 DA TARDE.

A este Torneo, unha das múltiples actividades deportivo-culturais organizadas pola Concellería de Cultura do Concello, está previsto que acudan numerosos xogadores, tanto do club local, o Club de Bolos Xove, como xogadores doutros Clubs da Provincia.

A organización dispuxo para este importante evento deportivo 4 trofeos, deles 3 para os tres primeiros e un trofeo para mellor bolada.

Este Trofeo, que vai servir como rodaxe para os xogadores ata que comece a XXIª Tirada de Bolos o vindeiro 10 de outubro, vaise disputar polas novas normas aprobadas polos xogadores o pasado 28 de marzo na Boleira do Centro Social de O Cruceiro. Dentro dos cambios producidos na Normativa dos Bolos e que se van esperimentar por primeira vez neste Torneo, temos:

1º.- Queda anulada a norma aprobada o 28 de novembro de 1.998 no Centro Social de Vilachá que prohibía mollar as bolas e bolos.

2º.- Elimínase a LINEA DO 20  para categoría SENIOR, polo que a partires de agora só existirá a LINEA DO 10 para tódalas categorías.

A inscrición para esta competición é totalmente libre e gratuita. Ao remate do Torneo, está previsto que acudan á entrega de Trofeos o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Cultura

Exit mobile version