Site icon Crónica3.com A Mariña

Torneo de tenis amateur “Concello de Xove” en Palmeiro

XOVE .- Organizado polo Club de Tenis Palmeiro, coa colaboración do Concello de Xove, celebrase o segundo Torneo de tenis amateur “Concello de Xove”. A competición será nas pistas de Palmeiro os dias 28, 29 e 30 de agosto.

Nota de Prensa

IIº  TORNEO DE TENIS AMATEUR “CONCELLO DE XOVE”

Organizado polo Club de Tenis Palmeiro, conta coa colaboración do Concello de Xove a través da Concellería de Cultura.

O Torneo vaise desenvolver nas pistas  do Club Deportivo Palmeiro os dias 28, 29 e 30 de agosto: o venres 28 a partires das 17:00, o sábado 29 a partires das 10:00 horas durante todo o dia, e o domingo 30 a partires das 11:00 horas ata rematar.

O Torneo o conforman 8 grupos, de 3 xogadores cada grupo, co cal temos 24 xogadores en liza. Na primeira fase pasan os dous primeiros de cada grupo, e a partir dahí faise un cadro de eliminatorias directas: octavos, cuartos, semifinais e final.

Haberá trofeos para os catro primeiros clasificados.

Con este IIº Torneo de Tenis rematan as actividades deportivas incluidas no Programa San Bartolo 2009.

Exit mobile version