Site icon Crónica3.com A Mariña

Terceira proba do “Campionato galego de motos acuáticas” na praia do Portelo en Burela

Terceira proba do campionato galego de motos acuáticas na praia do Portelo en Burela

BURELA (FNC) .- Burela acollerá a terceira proba do Campionato Galego de Motos Acuáticas que se celebrará o vindeiro sábado 8 de agosto na praia do Portelo.

Remedios López , edil de Mar, lembra que “éste é o segundo ano consecutivo que se organiza a proba que tivo unha gran expectación e aceptación na edición anterior. Cerrarase a praia ao público por motivos de seguridade e durante todo o día haberá probas e exhibicións”.

Segundo explica o comisario da proba, Silvio Pérez, “o campionato comezará as 17 horas  e rematará ás 19 horas con varias mangas na modalidade motos de auga Maxi  e motos de auga  Jet SKI nas que participarán de 25 a 30 deportistas”. O presidente da Federación de Motonáutica, Antonio Iglesias, asegura que “a xornada combinará perfectamente a práctica dun atractivo deporte coa beleza dunha vila como Burela e coa súa gastronomía”.

A concelleira socialista de Mar convida “a todo o mundo a que se acerque ata a praia do Portelo para disfrutar deste espectáculo gratuito”.

No acto de presentación tamén estiveron presentes o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o delegado da Federación na Mariña, José Soto.

Exit mobile version