BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, valora de xeito positivo a intención da Xunta de buscar unha solución á situación urbanística que vive o Concello, tras o encontro que onte mantiveron representantes da Consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio con responsables de APEC en Santiago de Compostela. O rexedor asegura que “as noticias que teño son as que vexo na prensa, porque ainda non puiden falar nin con Eugenio Corral nin con Agustín Hernández, pero esa é a información que eu xa tiña desde hai tempo. Das conversas que levo tido co conselleiro sei que están buscando unha solución que non é sencilla porque estamos falando de procesos que están nos xulgados e hai que buscar unha saída e unha vía a este tema. E aquí do que se falaba sempre era de prazos, a APEC arrancou un compromiso de prazo do conselleiro cando se fala de finais de setembro ou principios de outubro, si á APEC lle sirve será bó para todos como viñen decindo cando se falou das reunións que viñan mantendo empresarios e sindicatos”.
Fuente Parga entende “a postura duns empresarios que teñen parada a súa actividade por unha decisión do goberno anterior e hai que buscar unha saída non só por estes empresarios senón polo emprego que crean. Era unha cuestión de tempo como viñamos mantendo, pero eu tiña absoluta confianza en que o conselleiro lle ía buscar unha solución a todo esto porque así era desexo do propio presidente da Xunta, Alberto Núñez, de desbloquear a paralización que había en Galicia a nivel urbanístico, e ademáis estaba moi concienciado e moi involucrado co caso de Barreiros porque quizás sexa un dos máis problemáticos ou máis graves porque era un sitio no que se viña desarrollando unha actividade urbanística importante”. O rexedor engade que “a valoración é positiva, pero na liña do que viña sendo antes, porque o único novo que vexo publicado hoxe é un prazo, unha data que si é boa para os empresarios será boa para todos. Será bó que se chegue a unha solución”.
Plan Xeral
Sobre o plan xeral de ordenación municipal, Alfonso Fuente, sinala que “xa se encargou a cartografía e xa está lista e agora en breve sacaremos a concurso a redacción do plan”. O alcalde de Barreiros explica que “este plan non se fixo antes por unha cuestión económica. Hai que pensar que desde o ano 2006 o Concello non pode emitir ningunha licencia que era o medio de ingresos que tiñamos. Temos unha subvención que o anterior goberno decía que cubría o 100% do custe de desarrollo do plan xeral e estamos falando de 121.000 euros que foi o que se nos concedeu para a súa redacción, cando despois de contactar con varias empresas de planeamento soubemos que eses traballos chegarían aos 300.000 euros. Nós nos orzamentos de 2009 non tivemos posibilidade de destinar a este fin máis que 200.000 euros e imos sacalo nese importe. Hai traballos como os da cartografía que xa se fixeron por 45.000 euros e polo tanto imos tentar conseguir que se poida adxudicar nese prezo. É unha cuestión económica, desde hai tempo estamos a traballar na súa elaboración, hai unha serie de traballos feitos para que non se nos demore moito tempo por prazos de cinco ou seis anos que serían moi largos, non”.