Nota de Prensa
A falla de previsión do Concello de Cervo provocou situacións de risco e suciedade extrema durante as festas
Non houbo vixilancia policial nin dispositivo especial de limpeza, o que provocou un caos nas rúas
O Grupo Municipal Socialista lamenta que o Concello de Cervo non estivera á altura das circunstancias nunha celebración coma é a festa da Maruxainaa, dando unha imaxe cara ao exterior de suciedade e falla de previsión.
A boa noticia e a cantidade de xente que acompañou aos veciños de San Ciprián na festa, e que a choiva non fixo acto de presenza; as persoas que colaboraron na organización aguantaron o tipo a pesar da pouca colaboración por parte do Concello en canto a vixiancia policial e limpeza, claves nun acto coma este.
Os Socialistas creemos que a sorte aliouse co Concello e as cousas quedaron en incidentes que se resolveron finalmente; pero o certo é que se viviron situaciones caóticas coma foi o caso dunha ambulancia que non pudo pasar a recoller a unha veciña ferida, sendo evacuada a través das rúas con unha camilla, posto que os coches obstruian as vías que deberían de estar libres para unha posible evacuación.
As carpas de bares externos que o Concello permiteu colocar en fronte ao Museo do Mar, e que tiñan estructuras metálicas, estiveron sen balizar en horas nocturnas, creando situaciones de risco para os peatones e houbo quen se golpeou na cabeza con elas.
O día da festa, a suciedade e o lixo acumulados nas rúas e a falla dun dispositivo especial, desluciron o paso da Maruxaina, e o cordon que escolatba á ninfa, tivo que sortear de novo a suciedade e varios vehículos que circulaban por unha zoa que en principio debería de estar cortada, o que da conta de que non houbo vixiancia nin control policial durante a Noite da festa.
Os cables eléctricos da orquesta foron arrancados, ben por a multitude que había ao redor deles o por la falta de protección dos mesmos, o que provocou o corte da música durante varios minutos, e que dende o palco reclamaran a asistencia da organización, postio que non había Policía Local no entorno.
A día de hoy, moitos son os veciños que mostran as súas queixas pola suciedade acumulada e os olores que aínda persisten por falla de limpeza o que unido á deficiente xestión do lixo que dende fai meses sufrimos en Cervo incrementa as molestias.
O Grupo Municipal Socialista pedirá explicaciones en el Pleno del próximo Lunes e exisirá ao concello de Cervo a creación dun plan especial de medidas preventivas e de limpeza para os actos multitudinarios que se podan realizar no futuro.