Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo comeza a recibir a chegada dos barcos da XII regata Transgascogne 6.50

RIBADEO (FNC) .- O Clube Náutico de Ribadeo recibirá ó longo do día de hoxe ós primeiros clasificados da primeira etapa da XII Regata Transgascogne 6.50 (Bourgenay-Ribadeo).

Os regatistas comezaron a súa travesía no día de onte e hoxe luns, das 40 embarcacións que veñen participando, está previsto que acaden 4 ou 5 o noso peirao. O resto dos integrantes irán chegando durante a xornada do martes.

O mércores día 5 de agosto, tódolos participantes, que rondan as 200 persoas, terán a súa festa de benvida ás 21.00 horas da noite no Clube Náutico e o xoves ás 20.00 horas terá lugar a entrega de premios desta primeira etapa. Os regatistas quedarán na nosa vila ata o vindeiro sábado, 8 de agosto, que partirán de volta a Francia para realizar a segunda etapa da Transgascogne (Ribadeo-Bourgenay). Durante estes días participarán tamén en diversas actividades institucionais.

Ó longo desta semana, concretamente o mércores día 5 de agosto, dentro do programa da XIX Semana Náutica de Ribadeo, terá lugar a conferencia de Antonio Cuervas Mons, regatista participante na última edición da volta ó mundo que formou parte do equipo Telefónica-Movistar. A charla será no mesmo Clube Náutico a partires das 20.00h. Ese día ás 15.00 horas terá lugar tamén a tradicional zalea a Abres.

Exit mobile version