O rexedor deu a benvida a tódolos regatistas lamentando o mal tempo e sinalou que “esta regata supón para Ribadeo unha nova experiencia para o noso pobo e concretamente para o noso porto deportivo. Eventos deste tipo poñen en valor o noso potencial turístico”.
Fernando Suárez explicou aos participantes a historia do edificio e a relación da comarca co Marqués de Sargadelos e dixo que “estou moi agradecido da vosa estancia en Ribadeo, quero invitarvos a que coñezades a nosa vila e sobre todo unha das praias máis bonitas do mundo que é a das Catedrais”
Suárez engadiu que “espero que levedes unha boa experiencia, que volvades e que Ribadeo sexa destino de futuras singladuras”.