Site icon Crónica3.com A Mariña

Queixase o PP de Burela de que o alcalde non avise do cambio de día do pleno ordinario

NOTA DE PRENSA

O GMPP considera de mala educación que o alcalde non avise do cambio de día do pleno ordinario.

Afirman que as vacacións do alcalde non xustifican o cambio.

Os populares lamentan que esta sexa a única liña de conducta do alcalde.

O GMPP de Burela afirmou hoxe que resulta de mala educación, falta de respecto ós membros da corporacion, e unha bulra á cidadanía, que un mes máis se cambie sen ningún tipo de explicación o día de celebración do pleno ordinario. Desde o PP, indican que é xa o quinto mes, desde Decembro do ano pasado, no que se cambia o día do pleno sen previo aviso e sen ningún tipo de explicación.O pleno ordinario tiña que terse celebrado no día de onte, xoves, e farase o mércores día dous.

Os populares lembran que o acordo plenario de organización do concello fixa como día dos plenos ordinarios o último xoves de cada mes, podendo oscilar dentro da mesma semana por causas xustificadas. As vacacións do alcalde non son ningunha causa xustificada, sen entrar a valorar se as merece ou non polo que leva traballado desde o verán pasado. O que vén a demostrar que este home tén o concello como unha finca privada na que el pode facer o que lle dá a gana. O alcalde tén a costumbre de esquecerse de que tén a obriga de avisar ós concelleiros da corporación, e de que non avisa xa hai mostras abondo, como aconteceu co homenaxe ós náufragos nas Festas Patronais.

Para o GMPP, non sería ningunha disculpa decir que tanta dá o día 27 de Agosto coma o día 2 de Setembro: eso é darlle mui pouca importancia á celebración dunha sesión plenaria da corporacion, máximo órgano de goberno do concello, e recoñecer que o que se vai tratar, precisamene proposto polo propio alcalde, non tén ningunha relevancia.

Os populares rematan pedíndolle ó alcalde máis educación e respecto ós cidadáns e ós membros da corporación, e sobre de todo máis responsabilidade e máis traballo á hora de exercer de alcalde. É realmente triste que a única liña de conducta deste alcalde sexa a incapacidade, a falla de traballo e xestos coma este de falla de respecto á corporación e ós cidadáns.

Exit mobile version