Site icon Crónica3.com A Mariña

Queren ampliar a exposición “Lembranzas do mar” que se exhibe no porto de Burela

BURELA (FNC) .-  Alfredo Llano manifestou que o Concello pretende ampliar a exposición Lembranzas do mar, debido ó grande éxito que está a ter. O alcalde explicou que “debido ó éxito da exposición de fotografías de grandes dimensións que temos colocadas no espigón do porto, a nosa intención é seguir ampliándoa. Agora mesmo hai 22 fotos, aínda que nós temos moitas máis no noso álbum, e polo tanto iremos sumando algunhas ata chegar máis ou menos ás 40 imaxes. Todo isto irase facendo pouco a pouco porque como é normal, necesitamos a colaboración da xente para enmarcar os cadros, inserir as fotos e seleccionalas.”.

Alfredo Llano cre que “as imaxes están nun lugar idóneo dado que a zona portuaria é o lugar de Burela no que a maioría das persoas que aparecen nas fotos desenvolveron a súa actividade profesional e social. Ademais é unha zona moi bonita para pasear e ó mesmo tempo é unha maneira de atraer xente ó porto e darlle unha dimensión atractiva máis”.

Exit mobile version