Site icon Crónica3.com A Mariña

Preocúpanlle ao PSOE de Cervo as “paranoias do alcalde e concelleiros do PP” pola placa da piscina

NOTA DE PRENSA

O Grupo Municipal Socialista, preocupado polas “paranoias” do alcalde e concelleiros do PP de Cervo respecto á placa da piscina

O alcalde ve “mans negras” por todos os lados e considera “sospeitoso” todo o que ten que ver coa labor da oposición

As últimas declaracións dos ediles do PP respecto á verificación por parte do Grupo Municipal socialista da reposición da placa inaugural da piscina municipal son canto menos preocupantes. O Alcalde e algún edil do PP están ultimamente mais preocupados polo traballo de fiscalización dos grupos da oposición que por gobernar e axilizar os trámites propios dun equipo de goberno, o cal da unha imaxen de debilidade e de temor, propias de quen ten algo que ocultar.

A pesar de ter maioria absoluta, o PP de Cervo presenta falla de liderazgo e de sintonía, que se comproba pola falla de comunicación entre os propios concelleiros do equipo de goberno que se contradicen constantemente nas súas declaracións aos medios.

Un exemplo moi claro son as declaracións destes días nos que o PP di que os concelleiros Socialistas entran en instalacións municipais que están cerradas a comprobar que a placa da piscina municiapl estaba reposta.

Hai que aclarar para os “cortos” de entendemento que o Grupo Municipal Socialista tivo coñecemento da reposición da placa a través da visita ao rexistro o pasado día 11 e comprobar que o alcalde ratificaba la colocación de la placa ao Valedor (Rexistro de Saída Nº 2280, con data 6 de Agosto). Os concelleiros acudimos á piscina, que efectivamente estaba cerrada, o día 11 a verificar esta comunicación, pero esta verificación non se fixo dende dentro, tal e como asegura o PP senon dende fora, posto que con asomarse aos cristais pódese comprobar perfectamente. E mais, invitamos a calqueira a que pase polas instalacións e o comprobe in-situ, e mesmo ao Sr Alcalde; eso sí, non lle fai falta levar chaves, posto que a configuración estructural das instalacións permítenlle vela sen necesidade de utilizalas, cousa que parece descoñecer o mandatario popular.

Polo tanto, invitamos ao Alcalde á reflexionar sobre a súa actuación en todo este caso e en outros similares e se abre unha investigación para investigarse a se mesmo, gustaríanos participar, porque temos moitas preguntas e datos que mostrar ao respecto.

En caso de negarnos a participación, como ven sendo habitual, o alcalde debería de comunicarnos quen vai facer “a investigación”, posto que se a fai o PP será arbitraria e vendo as declaracións paranoicas destes días, o resultado pode ser digno de cómic de Mortadelo e Filemón.

Para nos, este é un caso absolutamente surrealista, que únicamente denota a actitude antidemocrática do PP de Cervo, que se tomou demasiadas molestias en impedir que unha placa de un alcalde elexido democráticamente estivera donde lle corresponde. Grazas as presións e á colaboración do Valedor do Pobo, o respecto Institucional queda restablecido en este caso concreto.

Unha vez aberta a piscina ao público, os socilaistas imos esixir unha reparación integral das instalacións, abandonadasdende que o PP chegou á alcaldía no ano 1999 e que provoca as queixas razoables dos veciños

Exit mobile version