Site icon Crónica3.com A Mariña

Política en agosto

Ruy Barbosa deixou Dito aquelo de “a peor das democracias e mil veces preferible a mellor das dictaduras” e Aristoteles mantiña que “o home é, por natureza, un animal político”. E non vou ser eu quen lles contradiga hoxe en día, pero, xa deben vostedes estar acostumados ós meus “peros” e debo advertirlles do perigo que corremos na política exércente nesta nosa bisbarra e en todo o mundo mundial si , baseamos a acción política nos sentimentos e non na razón, chegamos a situacións como as de Italia, onde Berlusconi non tivo problemas para aprobar unha Lei de autoamnistía ante unha acusación grave, nin tampouco pareceu mal que sexa, á vez, primeiro ministro e o dono de sete das oito televisións do país. Pero os seus votantes e súbditos non se escandalizaban do seus latrocinios e ilegalidades flagrantes, pero cando saíu a luz o asunto do “puterio” está a recoller o reproche social polo asunto. Ou, por falar do estado español, reconvertemos unha mentira “eu págome os meus traxes” nun agasallo menor sen importancia e unha campaña do adversario fronte á que os nosos deben pechar filas permitindo con esta estratexia de tipo sentimental, que queden impunes comportamentos que afectan á esencia da democracia. Por aquí todos sabemos e coñecemos chanchullos varios nas nosas alcaldías e axuntamentos, e, por desgracia, tamén todos escoltamos na barra do bar ou da taberna o consabido “si tiveras ti de alcalde farías o mesmo”.
Pois que teñan vostedes un bo e xeneroso Agosto cheo de festas e enchentes a destaxo, non esquezan eso si pensar, discutir e seguir lendo estes articulitos semanais, onde eu  poño o que poño. Pódese interpretar ou non, compartir ou non, criticar ou non e moitos de vós facedes todas estas cousas. Pero, por favor, QUE NINGUéN O MANIPULE. Dicía Tagore que cando alguén sinala a lúa, só o necio fíxase no dedo. Pois iso. Grazas.

Exit mobile version